11 de decembro de 2011
27 de novembro de 2011
26 de novembro de 2011
XXXI NOITE DE TASCA en Sigüeiro-Oroso
Venres día 2, a partir das 22:00 h
no Bar CHÉ en Sigüeiro.
Ca actuación do
dúo de zanfoñas
dúo de zanfoñas
"SOBRE RODAS"
formado por
Carlos do Viso
e Luis O Caruncho.
e Luis O Caruncho.
E despois... FOLIADA!
Colaboran con nós:
O Concello de Oroso e a Asociación Folclórica LEMBRANZAS DO TAMBRE de Sigüeiro (Oroso)
5 de novembro de 2011
CERTAME GALEGO DE CANCIÓN DE TABERNA
VENRES 11 de novembro:
No BAR SUSO de Donramiro en Lalín (Pontevedra)
"Os Viqueiras" partiparemos no I Certame Galego da canción de taberna.
Vémonos!
24 de outubro de 2011
XXX NOITES DE TASCA en Ordes
VENRES 4 DE NOVEMBRO:
Unha Noite para disfrutar da maestría do gran gaiteiro Manuel Enríquez Fernández, "NELA", de 73 anos, natural de Silvallana, parroquia de Bres no concello de Taramundi (Asturias).
E despois, FOLIADA para que participe todo o público asistente.
Lembrade: a partir das 10 da noite no bar o "Rincón do Pincho". Haberá agasallos para os participantes.
Lembrade: a partir das 10 da noite no bar o "Rincón do Pincho". Haberá agasallos para os participantes.
28 de setembro de 2011
VOLVEN AS "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes
Xa estamos de volta ca 4ª tempada de "NOITES DE TASCA", como sabedes celébranse todos os primeiros venres de cada mes, desde outubro ata xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes.
Esta 29ª edición terá lugar o venres dia 7 a partir das 10 da noite no Bar CALVIÑO, na Pontepedra.
Contamos ca presenza do mestre gaiteiro
artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos.
Despois, coma sempre, FOLIADA para que participen todos os músicos e bailadores que o desexen.
Colaboran con nós:
O Concello de Tordoia e a Asociación
Cultural O BUXO de Tordoia.
Cultural O BUXO de Tordoia.
27 de setembro de 2011
Concerto no BAR ORELLAS de Ordes
O sábado día 1 pola mañán estaremos
tocando nas festas de San Francisco,
no barrio do Piñeiro de Ordes e...
pola noite, a partir das 22: 00 h:
Concerto-Presentacion
do noso disco
no Bar Orellas
(Ordes)
18 de setembro de 2011
8 de setembro de 2011
Concerto no Restaurante TIO PEPE de Cerceda
A partir das 4 da tarde, presentaremos
os temas do noso Cd "Noites de Tasca"
e faremos festa ata a noite.
CORISTANCO: XXXI FESTA DA PATACA 2011
O domingo 18, a partir das 10:30 h, pasarrúas dos "Viqueiras de Ordes" por Coristanco na tradicional "Festa da Pataca"
25 de agosto de 2011
FESTAS DE ROMARÍS (Negreira, A Coruña)
O domingo 28, na parroquia de Arzón, concello de Negreira, a partir das 11:00 h:
17 de agosto de 2011
FESTA DO MAR EN LIRA (Carnota, A Coruña)
O sábado 20, Lira celebra a súa popular Festa do Mar:
A partir das 11:00 h Pasarrúas e Procesión Marítima cos "Viqueiras de Ordes"
A partir das 11:00 h Pasarrúas e Procesión Marítima cos "Viqueiras de Ordes"
11 de agosto de 2011
10 de agosto de 2011
"A PÉ DE RÚA" en Cambados (Pontevedra)
Pasarrúas por Cambados
A Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver o seu programa "A Pé de Rúa", que terá lugar por distintas vilas de Galicia ao longo de todo o verán.
Esta fin de semana, terán lugar distintos pasarrúas a cargo desta programación nas seguintes vilas:
Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Cambados, "Os Viqueiras de Ordes".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Verín, "Asociación Cultural Trepia".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 12.30h. no Concello de Vilanova de Arousa, "Tumba e Dalle".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 15h. no Concello de Carballiño, "Mazaroca".
27 de xullo de 2011
12 de xullo de 2011
Próximos concertos de Presentación do disco
Venres 22 de xullo: Na Taberna-cervexaría A COVA CÉLTICA (Rúa do Orzán, Nº 88, A Coruña)
Domingo 24 de xullo: Gran Sardiñada e Foliada no BAR ZARRA, no porto de Caión-Laracha (A Coruña)
Sábado 1 de outubro: no Bar ORELLAS de Ordes, a partir das 22:00 h.
10 de xullo de 2011
XIII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ (Lugo)
SÁBADO 16 DE XULLO : ás 15:00 h comezará a actuación do cuarteto
"Os Viqueiras de Ordes" no XII Mercado Medieval de Alfoz.
7 de xuño de 2011
22 de maio de 2011
Especial 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes
Ás 19:30 h, no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, haberá un "Obradoiro de Baile Galego" impartido polos mestres Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e dirixido ao público de todas as idades.
Animádevos a visitar a Exposición monográfica de traxes adicada a Andalucía no Museo de Juanjo Liñares, as visitas son gratuitas.
Pola tarde, como nos anos anteriores, visitaremos a Residencia de anciáns, alí tocaremos Os Viqueiras e o Grupo de Música Tradicional de Ordes.
A partir das 21:30 h estarán os grupos tocando polos bares de Ordes (algúns deles ofrecerán tamén churrascada e sardiñadas) para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, no bar "O Rincón do Pincho" (Av. Alfonso Senra, nº 75) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.
Colaboran con nós: O Concello de Ordes e a Agrupación Folclórica SEMENTES DO ARTE.
18 de maio de 2011
9 de maio de 2011
Presentación do disco: "Noites de Tasca"
O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".
Será o sábado día 14 de maio ás oito da tarde na Casa da Cultura (Rúa de Galicia, 25) de Ordes.
8 de maio de 2011
Gañadores do CONCURSO DE ATURUXOS
Entrega de premios |
A gañadora, Begoña Lorenzo |
O pasado venres, na 28ª edición das Noites de Tasca en Cerceda celebramos a gran Final do Concurso de Aturuxos, onde os clasificados nas últimas edicións botaron os seus mellores aturuxos ao son da música dos Gaiteiros de Lesta e dos Requinteiros da Ulla, entre outros.
Os gañadores foron:
1ª) Begoña Lorenzo, de Ordes, que levou unha fabulosa cesta con viandas e agasallos, xentileza de "Parada Dulce" (C.C. Marineda City, A Coruña)
2ª) Mª José Barral de Santiago, gañou un cheque de compra por valor de 50€ en "Deportes CAPITAN"" en Ordes.
3ª) Aurora Ferreiro, de Marantes, Santiago, disfrutará dunha cea para 2 personas ou aloxamento na Casa Rural "Antón Veiras, en Poulo, Ordes.
4ª) Javier Suárez, tamén de Santiago, que gañou unha cea-baile para 2 persoas no Hotel Barreiro, en Leira (Ordes).
O resto de clasificados levaron invitacións ao Aquapark, agasallo do Concello de Cerceda.
Noraboa a todos!
21 de abril de 2011
28ª Noite de Tasca en Cerceda
O venres 6 de maio, a partir das 22:00 h, vémonos no Restaurante O PANADEIRO, en Cerceda, xusto en fronte á entrada do Aquapark. Como grupo convidado temos aos Requinteiros da Ulla, A GAITA DE SARANDÓN, con Pepe de Nande e Marcelino de Muiñero, os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois, coma sempre, Foliada aberta á participación de todo o público.
Pero esta Noite é moi especial porque, a partir das 23:30 h, comezará a gran FINAL do CONCURSO DE ATURUXOS, onde elixiremos aos "Mellores Botadores de Aturuxos das Noites de Tasca" desta tempada, e por suposto, repartiránse moitos premios entre os gañadores.
Colaboran con nós: o Concello de Cerceda e a
Agrupación Folclórico-Cultural SAN MARTIÑO
de Cerceda.
Agrupación Folclórico-Cultural SAN MARTIÑO
de Cerceda.
16 de marzo de 2011
27ª Noites de Tasca na Pontecarreira (Frades)
O vindeiro venres día 1 de abril, temos unha "Noite de Tasca" moi movida. Xa a partir das nove da noite haberá grupos de gaiteiros percorrendo os bares da Pontecarreira para xuntarnos logo aí sobre as 22:00 h no Restaurante O CADAVAL.
Aviso importante: estarán connosco gravando da TVG para o programa "VAIA TROULA" que se emitirá o próximo sábado día 9.
Como grupo convidado especial temos ao Grupo de Música Tradicional da Asociación de Veciños REXENTE da Pontecarreira e despois todos aqueles que queirades participar.
As 23:30 h dará comezo a Semifinal do I CONCURSO DE ATURUXOS que estamos a celebrar este ano. Os clasificados pasarán á gran FINAL que se celebrará o venres 6 de maio en Cerceda, con premios para os gañadores.
Colaboran con nós: O Concello de Frades e Os Reiceiros da Pontecarreira.
19 de febreiro de 2011
26ª Noite de Tasca en Trazo
na Parrillada "CAMPO" en Trazo,
celebraremos a 26ª edición das Noites de Tasca
ca presenza do grupo...
FAISCAS DA PONTRAGA
(de Tordoia) que tocará nesta noite de Entroido antes de comezar a Foliada.Animávovos a participar no Concurso de Aturuxos, xa vamos pola 6ª eliminatoria e queda pouco para a semifinal.
Colaboran: O Concello de Trazo e a Asociación Cultural OS XEITOSOS DE TRAZO.
Vide tocar e aturuxar con nós!
26 de xaneiro de 2011
25ª Noite de Tasca en Sta. Cruz de Montaos (Ordes)
O venres, 4 de febreiro, a partir das 22:00 h
Contamos ca presenza do grupo
"NÉBOAS"
de Sigüeiro-Oroso (A Coruña) e tamén actuará a
"Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos".
Remataremos coma sempre ca tradicional Foliada
e celebraremos a 5ª Eliminatoria do Concurso de Aturuxos.
Colaboran:
O Concello de Ordes, a Asociación de Veciños
"Unidad Gallega" e a Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.
VIDE TOCAR CON NÓS!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)