22 de maio de 2011

Especial 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

O venres 3 de xuño celebramos o 3º Aniversario con varias actividades e  ademais contamos cos protagonistas das últimas edicións desta tempada.
Ás 19:30 h, no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, haberá un "Obradoiro de Baile Galego" impartido polos mestres Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e dirixido ao público de todas as idades.
Animádevos a visitar a Exposición monográfica de traxes adicada a Andalucía no Museo de Juanjo Liñares, as visitas son gratuitas.
Pola tarde, como nos anos anteriores, visitaremos a Residencia de anciáns, alí tocaremos Os Viqueiras e o Grupo de Música Tradicional de Ordes.
A partir das 21:30 h estarán os grupos tocando polos bares de Ordes (algúns deles ofrecerán tamén churrascada e sardiñadas) para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, no bar "O Rincón do Pincho" (Av. Alfonso Senra, nº 75) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.

Colaboran con nós:  O Concello de Ordes e a Agrupación Folclórica SEMENTES DO ARTE.

9 de maio de 2011

Presentación do disco: "Noites de Tasca"


 

O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio ás oito da tarde na Casa da Cultura (Rúa de Galicia, 25) de Ordes.

8 de maio de 2011

Gañadores do CONCURSO DE ATURUXOS


Entrega de premios
A gañadora, Begoña Lorenzo
 O pasado venres, na 28ª edición das Noites de Tasca en Cerceda celebramos a gran Final do Concurso de Aturuxos, onde os clasificados nas últimas edicións botaron os seus mellores aturuxos ao son da música dos Gaiteiros de Lesta e dos Requinteiros da Ulla, entre outros.
Os gañadores foron:
1ª)  Begoña Lorenzo, de Ordes, que levou unha fabulosa cesta con viandas e agasallos, xentileza de "Parada Dulce" (C.C. Marineda City, A Coruña)
2ª)  Mª José Barral de Santiago, gañou un cheque de compra por valor de 50€ en "Deportes CAPITAN"" en Ordes.
3ª)  Aurora Ferreiro, de Marantes, Santiago, disfrutará dunha cea para 2 personas ou aloxamento na Casa Rural "Antón Veiras, en Poulo, Ordes.
4ª)  Javier Suárez, tamén de Santiago, que gañou unha cea-baile para 2 persoas no Hotel Barreiro, en Leira (Ordes).
O resto de clasificados levaron invitacións ao Aquapark, agasallo do Concello de Cerceda.

Noraboa a todos!