22 de decembro de 2012

38ª Noite de Tasca en Tordoia, Especial Nadal

Venres, 4- xaneiro- 2013
Noite especial adicada aos "CANTOS DE REIS"
Desde as 21:30 h, actuacións dos grupos polos bares da
 Pontepedra - Cabaleiros  (Tordoia- A Coruña)

E a partir das 12 da noite xuntaranse todos na 
Cervecería BRINCADEIRA (fronte ao Concello) 
onde ademais contaremos ca presenza 
dos lucenses Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos como


Diante da Cervecería BRINCADEIRA, estará desde as 20:00 h a Pulpeira "Luis Guerra"

VIDE CANTAR CON NÓS!

21 de decembro de 2012

5 de decembro de 2012

IX DIA do ORGULLO GAITEIRO


PROGRAMA DAS ACTIVIDADES   Decembro 2012

No Auditorio de Ourense, Rúa da Canle

Xoves 13
20 h.- O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación. Charla por Cástor Castro
Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices.

Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido

Venres 14
19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando. Gratuito, prazas limitadas

Sábado 15
Mañá
10-14 h Curso de técnicas de gaita de fol. Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas,

 (continúa de 16:00 a 18:00)
11 a 13 h Taller de xoguetes musicais. A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.


Tarde
17 h  Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz. Cos temas do libro-disco infantil
18 h  ACTO DE HOMENAXE: 
A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa Galega ou birimbao . 
Ca actuación de Os Amigos da Gaita
A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas

19-21h Concertos:
DE PÉ FEITO Agrupación tradicional
OS VIQUEIRAS DE ORDES


22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO 
No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz)



20 de novembro de 2012

37ª NOITE DE TASCA EN TRAZO

        VENRES 7 de decembro,                    a partir das 21:30 h                     MAGOSTO POPULAR                

Diante do Local Social da Asociación de Veciños "San Cristóbal de Xavestre" en el lugar de Xixirei-Xavestre, TRAZO (Carretera Ordes- Santiago por Ponte Albar)


Ca actuación das pandereteiras e o grupo da                                                                                                                                    A.C. ROSALÍA DE CASTRO                 de Cacheiras-Teo (A Coruña)



Colabora con nós:   O Concello de Trazo e a                      AAVV San Cristóbal de Xavestre



5 de novembro de 2012

SERÁN NO SARELA

Xoves, 8 novembro:
OS VIQUEIRAS estaremos tocando a partir das 23:25 h 
na discoteca O SARELA en Santiago de Compostela
NON FALTEDES!!

22 de outubro de 2012

35ª NOITE DE TASCA EN LEIRA (ORDES)

Venres 2 de novembro:        

                                            
   Na pulpeira "O BRUMEIRAL",
en Castrelos, 29   LEIRA (ORDES)   

Cantos populares co grupo
"OS CINCUENTA" dos ARMADANZAS DE LARAÑO   
                                                                                                                E despois, FOLIADA!!        
                                                                                                                              Coa colaboración da Asociación 
EMBRUXO de Leira

VIDE TOCAR CON NÓS!

20 de outubro de 2012

I FESTA GALEGA no Bar "A ARRINCADEIRA"

Venres 26:                                                                                                                                                                                                                                        

FESTA GALEGA no Restaurante

A ARRINCADEIRA 


   (antigo "Rincón do Pincho")             
na Avd. Alfonso Senra, nº 75       en Ordes (A Coruña).  
                                                     Apúntádevos á cea ou vide despois á botar uns bailes.


7 de outubro de 2012

35ª Noite de Tasca en Frades

"Noite de Tasca" celebrada o 5-10-12 no bar O Taxista, na Pontecarreira, co grupo "Leirabuxo Gaiteiros"

 

1 de outubro de 2012

SAN FROILÁN 2012 (Lugo)


O domingo, día 7, Os Viqueiras participaremos na 
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas 
   Lugar: Recinto histórico                  Ás 11:30 h e ás 17:30 h


Podes ver todo o programa en www.sanfroilan.info


24 de setembro de 2012

5ª Tempada das NOITES DE TASCA na comarca de Ordes

   Xa estamos de volta ca 5ª tempada de "NOITES DE TASCA" que, como sabedes, celébranse
 o primeiro venres de cada mes, de outubro a xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes.

Esta 35ª edición terá lugar o venres día 5 na

  Pontecarreira (Frades). 

A partir das 21:30 h os gaiteiros farán un percorrido polos bares da zona: 
A Coviña, O Noso Mesón, Vilariño e Xiada 
para logo xuntarnos todos no cafe-bar O Taxista onde disfrutaremos da actuación do grupo:

 de Melide (A Coruña)

     Despois, FOLIADA para que participen todos os
         músicos e bailadores que o desexen.

                                    Colaboran con nós:
O concello de Frades e a Agrupación folclórica
SARILLO DE AIAZO

1 de agosto de 2012

21 de xullo de 2012

ROMARIA DE SAN BENITO DE ANCEIS (CAMBRE)

O martes 24, vispera de festivo, no lugar de Mercurín, no campo de San Benito, celebrarase a Romaxe para o día 25.  Haberá unha FOLIADA gaiteira promocionada pola organziación da romaría.

Actuarán entre outros: Os Viqueiras de Ordes, Os larpeiros de Altamira e Raúl Galego.

Haberá carne ao caldeiro para quen se queira anotar.


Dentro dos actos previos da romaxe, sairase, contra as 8 da tardiña, a procura dos santos que estarán na celebración relixiosa do día seguinte.

Este traslado faise percorrendo a parroquia de Anceis, procurando as imaxes das capelas e igrexa: San Xoán de Anceis, Santuario de Altamira e San Marco de Anceis, que logo irán nun transporte singular: ou ben nunha zorra tirada por bois, ou nun carro de mulas, ou coma nalgunha ocasión con coches de época, e sempre dun xeito lúdico, e acompañado de música.
 E, á chegada ao lugar da romaría, logo de depositar as imaxes na capela de San Benito en Mercurín, farase a foliada ata que o corpo aguante.



10 de xullo de 2012

23 de maio de 2012

ESPECIAL 4º ANIVERSARIO "NOITES DE TASCA"


As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes" cumpren 4 anos e celebrarémolo o venres 1 de xuño na vila de Ordes con moitas actividades:


A partir das 19:00 h:

Impartiránse dous "Obradoiros de Baile Galego":  
Un no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, dirixido  por Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte)  e outro na Alameda, dirixido por Helena Noya e Rocío López (da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo), para público de todas as idades.

Ás 20:30 h:

No salón de actos do Museo do Traxe, terá lugar a presentación do primeiro tomo da colección  "Tradición Oral", serie "Música" da Editorial Canela,  no que Manuel Enríquez, "Nela de Bres" é o protagonista e fío conductor deste libro-CD sobre a música tradicional durante a 2ª mitade do Século XX no concello asturiano de Taramundi.      

A partir das 21:30 h:

Os grupos estarán tocando por distintos bares de Ordes para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, na cervexería ISLIA na rúa Ramón Ferreiro, 2 (frente ao centro médico) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.


23 de abril de 2012

34ª NOITE DE TASCA EN CERCEDA



VENRES 4 DE MAIO, a partir das 22:00 h:
  No Restaurante "O Panadeiro"
(enfronte ao Aguapark)  de Cerceda

Os protagonistas desta Noite serán:

JULIO VÁZQUEZ CARRIL
  "O Gaiteiro de Maroxo" de Arzúa

e, dende Vigo,  o grupo   CONTRACOCHENO
Que presentarán o seu 1º traballo discográfico: 
 "Homenaxe a número cinco"
                   e despois... FOLIADA!

      Colaboran con nós:  O Concello de Cerceda
       e a Asociación de Mulleres das Encrobas.

15 de abril de 2012

27 de Abril: DIA INTERNACIONAL DA DANZA

VENRES 27, ás 19:30 h
"Os Viqueiras" tocaremos diante do
 Museo do Traxe de Juanjo Liñares en Ordes, 
xunto ca agrupación "Sementes do Arte".

11 de marzo de 2012

9 de marzo de 2012

"A FESTA DO RAMO" no programa ALALÁ da Tvg

Mañán sábado ás 19:06 h, o programa "Alalá" está adicado á Festa do Ramo ou Función, unha tradicional festa relixiosa moi arraigada e que se segue celebrando con moita devoción.

22 de febreiro de 2012

33ª NOITE DE TASCA en Trazo

Venres 2 marzo
A partir das 22:00 h
No Bar CAMPO
(Viaño Pequeno, 37)
 Trazo (A Coruña)

O protagonista da noite será o
maxistral gaiteiro de Poulo:
 Florentino Ruibal Rivas,
 mais coñecido como:
 FLOR DA MAQUÍA

E despois: FOLIADA

Colaboran: O Concello de Trazo e o grupo de Pandereteiras "XENTIÑA DE TRAZO"

                    VIDE TOCAR CON NÓS!


25 de xaneiro de 2012

32ª NOITE de TASCA en MESÍA


               VENRES 3 de febreiro
                 A partir das 22:00 h

              No BAR QUIQUE en
                      Mesía ( A Coruña)

     O protagonista desta Noite será o grupo:

              CAIVANCA
                           (de Lugo)

Vide tocar con nós á Foliada que coma sempre está aberta á participación de todos.

                             Colabora:
       Asociación de Amigos da Capela de Nuestra  
       Señora de Arxán, de Mesía.

24 de xaneiro de 2012

XOVES 2 FEBREIRO: SERÁN DO SARELA

SERÁNS EN COMPOSTELA: Os primeiros xoves de cada mes, na discoteca O SARELA de Santiago

2 Febreiro 2012:

21:30 h: Obradoiro de baile

22:30 h: Colexiata do Sar

23:15 h: Orquestra Os Modernos

24:00 h: Os Viqueiras de Ordes

01:00 h: Foliada