23 de maio de 2012

ESPECIAL 4º ANIVERSARIO "NOITES DE TASCA"


As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes" cumpren 4 anos e celebrarémolo o venres 1 de xuño na vila de Ordes con moitas actividades:


A partir das 19:00 h:

Impartiránse dous "Obradoiros de Baile Galego":  
Un no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, dirixido  por Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte)  e outro na Alameda, dirixido por Helena Noya e Rocío López (da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo), para público de todas as idades.

Ás 20:30 h:

No salón de actos do Museo do Traxe, terá lugar a presentación do primeiro tomo da colección  "Tradición Oral", serie "Música" da Editorial Canela,  no que Manuel Enríquez, "Nela de Bres" é o protagonista e fío conductor deste libro-CD sobre a música tradicional durante a 2ª mitade do Século XX no concello asturiano de Taramundi.      

A partir das 21:30 h:

Os grupos estarán tocando por distintos bares de Ordes para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, na cervexería ISLIA na rúa Ramón Ferreiro, 2 (frente ao centro médico) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.