21 de julio de 2012

ROMARIA DE SAN BENITO DE ANCEIS (CAMBRE)

O martes 24, vispera de festivo, no lugar de Mercurín, no campo de San Benito, celebrarase a Romaxe para o día 25.  Haberá unha FOLIADA gaiteira promocionada pola organziación da romaría.

Actuarán entre outros: Os Viqueiras de Ordes, Os larpeiros de Altamira e Raúl Galego.

Haberá carne ao caldeiro para quen se queira anotar.


Dentro dos actos previos da romaxe, sairase, contra as 8 da tardiña, a procura dos santos que estarán na celebración relixiosa do día seguinte.

Este traslado faise percorrendo a parroquia de Anceis, procurando as imaxes das capelas e igrexa: San Xoán de Anceis, Santuario de Altamira e San Marco de Anceis, que logo irán nun transporte singular: ou ben nunha zorra tirada por bois, ou nun carro de mulas, ou coma nalgunha ocasión con coches de época, e sempre dun xeito lúdico, e acompañado de música.
 E, á chegada ao lugar da romaría, logo de depositar as imaxes na capela de San Benito en Mercurín, farase a foliada ata que o corpo aguante.