29 de abril de 2013

42ª NOITE DE TASCA en Cerceda (A Coruña)

VENRES 3 DE MAIO
No  Restaurante O PANADEIRO  (fronte ao Aquapark)
O protagonista desta noite será o grupo:
e máis a ...
AGRUPACION "SAN MARTIÑO DE CERCEDA"
 e despois...  FOLIADA!!


28 de abril de 2013

Os Viqueiras cos cabezudos en Expoordes 2013

Hoxe estreamos a nova formación dos Viqueiras: Grupo de gaitas máis catro cabezudos que asustaron a algúns nenos, fixeron rir a outros, repartiron moitos globos e caramelos e bailaron coa xente que visitaba Expoordes e a Festa do Champiñón.

23 de abril de 2013

VI FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS

Sábado 27 de abril: 
FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS (CERCEDA)
Xantar de confraternidade ás 14:30 h
E pola tarde, a partir das  18:00 h, actuacións dos grupos. Non faltedes!


22 de abril de 2013

16 de abril de 2013

EXPO ORDES 2013

DOMINGO 28 DE ABRIL
FESTA DO CHAMPIÑÓN 
Degustación gratuita nos establecimentos da zona. Máis  de 7.000 kg de champiñóns repartiranse polos bares e restaurantes, para que unha vez preparados de distinto xeito, poidan ser servidos gratuitamente con cada consumición.  A música  que non falte, amenizarán a festa durante todo o día: 

OS VIQUEIRAS DE ORDES
e a Banda de Música de Ordes


15 de abril de 2013

DIA INTERNACIONAL DA DANZA

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

En 1982 o Comité da Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco estableceu o 29 de abril como Día Internacional da Danza co fin de atraer a atención sobre esta arte.

É un día de festa que celebran todos os países do mundo con espectáculos especialmente dedicados á danza a través de clases abertas, ensaios ao aire libre, conferencias, exposicións, publicacións en diarios e revistas, bailes populares, programas en radio e TV e espectáculos na rúa, entre outros.

O Museo do Traxe, como custodio do traballo en pro da danza do mestre Juanjo Liñares, non podía ser alleo a este evento, aínda que, por necesidades de programación, o celebremos uns días antes (concretamente o venres 26 de abril) e farémolo, como xa vén sendo habitual, diante do Museo cun ensaio ao aire libre da Agrupación Folclórico-Cultural "Sementes da Arte" (grupo fundado por Juanjo), contando tamén coa participación do Grupo de Gaitas " Os Viqueiras de Ordes". Será ás 19:30 h.

13 de abril de 2013

"ENCONTROS NA BIBLIOTECA CON..."

Venres 12 de Abril 2013

A biblioteca municipal de Ordes continúa co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que moitos nenos dos colexios da zona manteñen un encontro ou toma de contacto con persoerios e profesionais de distinta índole. 

Nesta ocasión os convidados fomos Manuel Viqueira e Roberto Caridad, do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Alí mostrámoslles os instrumentos tradicionais máis coñecidos como a gaita, o tambor,  a pandeireta e o bombo, e explicamoslles qué materiais e partes os compoñen, tamén aprenderon cousas sobre a vestimenta tradicional, as pezas máis representativas... En fin, todo un pracer compartir a nosa música con estes rapaces e as súas mestras.