15 de abril de 2013

DIA INTERNACIONAL DA DANZA

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

En 1982 o Comité da Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco estableceu o 29 de abril como Día Internacional da Danza co fin de atraer a atención sobre esta arte.

É un día de festa que celebran todos os países do mundo con espectáculos especialmente dedicados á danza a través de clases abertas, ensaios ao aire libre, conferencias, exposicións, publicacións en diarios e revistas, bailes populares, programas en radio e TV e espectáculos na rúa, entre outros.

O Museo do Traxe, como custodio do traballo en pro da danza do mestre Juanjo Liñares, non podía ser alleo a este evento, aínda que, por necesidades de programación, o celebremos uns días antes (concretamente o venres 26 de abril) e farémolo, como xa vén sendo habitual, diante do Museo cun ensaio ao aire libre da Agrupación Folclórico-Cultural "Sementes da Arte" (grupo fundado por Juanjo), contando tamén coa participación do Grupo de Gaitas " Os Viqueiras de Ordes". Será ás 19:30 h.