26 de maio de 2013

ESPECIAL "NOITES DE TASCA" en Ordes

VENRES 7 DE XUÑO EN ORDES:

CELEBRAMOS O 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"

Actividades desde as 19:00 h., dirixidas a todo o público, nenos e maiores:

                      - Na alameda:  Obradoiro de baile galego impartido por Helena Noya e Rocío 
                        López, mestras da Asociación Camiño Real de Poulo.
                      - Obradoiro de "Enredos sonoros" impartido polo artesán Oli Xiráldez, que nos
                         ensinará cómo facer os nosos propios instrumentos musicais.

                    - Diante do Museo do Traxe, ás 20:00 h. levaránse a cabo os actos previstos para o
                     pasado 26 de abril e que foron suspendidos polo mal tempo. Haberá un ensaio 
                     aberto dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras" e despois leerase 
                     un  manifiesto adicado ao Día Internacional da Danza.

- A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional encherán as rúas, 
tabernas e bares de Ordes,  e sobre as 12 da noite celebraremos unha 
gran FOLIADA na praza xunto a cervecería ISLIA.

VEN TOCAR CON NÓS!
        
Colaboran con nós:  O concello de Ordes, a Mancomunidade de municipios da 
comarca de Ordes, o Museo do Traxe, a Agrupación Folclórica "Sementes da Arte",   
a imprenta ESYMAR e FOTO SONIA.

Voltamos en outubro con máis "Noites e Tasca".  Lumeeee!!!