24 de maio de 2013

GAITEIROS E CABEZUDOS NO "LUAR"


     “Os Viqueiras de Ordes” decidimos incorporar a figura entrañable dos cabezudos nalgunhas das nosas actuacións, para non perder esta tradición tan popular.
      Case todos temos moi gratos recordos da infancia, dos desfíles de Xigantes e Cabezudos bailando nas festas. Eses cabezudos simpáticos coma o pallaso ou feos coma o demo, que perseguían á xente, facían trasnadas e asustaban a case todos os nenos e para despois regalarlles globos ou caramelos.
     Gaiteiros e Cabezudos, boa combinación para animar máis as festas!
                                        
             Actuación dos Viqueiras acompañados dos cabezudos no programa LUAR da TVG.    
24-maio-2013