E o sábado 6 de Xullo...
29 de xuño de 2013
28 de xuño de 2013
VENRESPIRAR-Ourense
VENRES 5 DE XULLO
OS VIQUEIRAS temos a honra de participar no último "VenRespirar
desta tempada en Ourense.
Programa:
Na esplanada do bar "A Efémera" - frente ó Auditorio municipal
- A partires das 22:30 h VENRESPIRAR:
Nas músicas: OS VIQUEIRAS + AOFTOU- GOMES MOURO + espontáneos/as
No baile: BEA DÍAZ (Bailadora e mestra de baile tradicional en diferentes escolas do pais)
Colabora: Rebulir+ Tempos de lecer Ourense+ A Efémera
22 de xuño de 2013
Romaría de SAN XOÁN DO COTO en Cesuras
E despois de saltar as cacharelas e lavar a cara coas herbas de San Xoán,
imos á festa de San Xoán do Coto, na parroquia de Paderne, en Cesuras.
Alí tocaremos a partir das 12 do mediodía.
21 de xuño de 2013
"Queima do castelo" en Arzúa (A Coruña)
Domingo día 23, NOITE MEIGA
a partir das 10 da noite
a partir das 10 da noite
"Os Viqueiras" na festa de San Xoán de
Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular "Queima do castelo" .
Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular "Queima do castelo" .
Na
noite do 23 de xuño a parroquia de Santa María de Arzúa festexa o San
Xoán dun xeito moi especial.
Os confrades da Orde Caldaria recollen no
albergue ao último peregrino que chega a Arzúa ese día. Esta será a
persoa homenaxeada esa noite e a encargada de prender lume a un castelo
medieval construido para a ocasion. Logo dos rituais, da queimada e da
troula os veciños e confrades pasan a noite espertos para recibir a
chegada do amencer no Castro Curbín, tomando "caldo en cunca" para
recuperar as forzas e aguantar ata que, cos primeiros raios de sol,
lavan a cara coa auga de San Xoán.
Organiza: A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)