26 de xullo de 2013

XXX FESTA DA CARBALLEIRA DE ZÁS

SÁBADO 3 DE AGOSTO
OS VIQUEIRAS DE ORDES na Festa da Carballeira


Este ano o festival estírase á noite do venres 2 de agosto, con bandas como os ferrolanos amigos da gaita Saldos Negativos, os costarricenenses celtas Peregrino Gris ou Tarará Trío.

O día grande, o sábado 3 de agosto comezará pola tarde coa tradición demostración de baile da organizadora A.C. Castro Meda, ademais da Banda de gaitas Estivada de Calo.
Pola noite, abrirá o cartel Os Viqueiras de Ordes, e pasarán polo escenario o vasco Xabi Aburruzaga (como responden sempre os artistas euskaldunes na carballeira!), os galegos Berrogüeto, o escocés Rua Macmillan e os aragoneses Lurte.