24 de febrero de 2014

48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA

VENRES 7 MARZO,  a partir das 21:30 h
Na Cercecería BRINCADEIRA, na praza do concello da Pontepedra-Tordoia
(tamén haberá unha Pulpeira do Carballiño)
NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!
O protagonista desta noite será o grupo:
O CAPITÁN CO GHALLETO
da A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)
Despois... FOLIADA!!!
Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!


O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Javi. Combinan temas tradicionais cun toque moderno achegándose a outros rímos e sonoridades, sen afastarse nunca da tradición dos grupos de Gaitas do país. Acadarón sustanciosos premios en varios concursos salientando, un 1º e un 3º no Concurso de Música tradicional XACARANDAINA 2012, 2013, e gañadores do Certame DELOA INTERRITMOS da comarca MUROS NOIA BARBANZA, polo que gravaron un tema para o disco editado pola fundación PAIDEIA.

LUME, GAITA, PERCUSIÓN, RÍTMO, FESTA, XUVENTUDE, REBULDEIROS.....