24 de marzo de 2014

49ª NOITE DE TASCA en Ardemil (Ordes)

Venres 4 de abril, desde as 21:30 h 
Na nave situada na Cruz do Coto (fronte ao Bar Porto), en Ardemil

NOITE DE TASCA moi especial na que queremos rendir unha merecida e agarimosa homenaxe a dous veciños da parroquia de Ardemil (Ordes): 
     JOSÉ LÓPEZ BAO, prestixiosos artesán de gaitas e tamén gaiteiro, alcumado "o rey do si bemol", de 87 anos, e a JESÚS LOURO RAPOSO, de 92 anos, que tocou o bombo no cuarteto tradicional "Os da Fraga". 

Contaremos coas actuacións dos grupos de Ordes: 

A. C. Camiño Real de Poulo  -   A. C. Veciños de Leira, 
Os Pelexos de Montaos  -  Embruxo Gaiteiros, 
A.C. Sementes da Arte  e  Os Viqueiras. 

        Coma sempre, remataremos cunha FOLIADA con participación aberta a todos.

  NON FALTEDES!
            Colabora: O concello de Ordes e a Asociación Cultural CASTRO DA CROA.




20 de marzo de 2014

XVI FESTA DO LACON CON GRELOS NO MESÓN (ORDES)

O domingo 23, pola mañán, os gaiteiros estaremos percorrendo o recinto feiral. 
Non vos perdades o lacón con grelos que preparan nos bares do Mesón!


17 de marzo de 2014

Colaboración no Festival Solidario A Sementeira

Domingo 16-marzo-2014
Actuación dos VIQUEIRAS DE ORDES 
no Festival benéfico a favor de Cáritas, para o proxecto A Sementeira, 
na Discoteca LP45 (Ordes)



(FOTOS DE LUIS COBAS, FOTO ÓRDENES)

8 de marzo de 2014

FESTIVAL SOLIDARIO "A SEMENTEIRA"

Domingo 16 de marzo ás 18:30 h 

"OS VIQUEIRAS" colaboraremos no 
FESTIVAL BENÉFICO a favor de Cáritas Parroquial de Ordes, 
organizado por Tania Veiras e a discoteca LP45 de Ordes.

As entradas-donativo só custan 5€ (os nenos menores de 10 anos de balde)