ESPECIAL 6º ANIVERSARIO
VENRES 6 DE XUÑO
Empezaremos ás 18.30 h, na Alameda, con dous obradoiros para todo o público:
*un de baile galego impartido por HELENA NOYA RUIBAL,
mestra da Asociación CAMIÑO REAL DE POULO
* e outro de "Enredos sonoros" a cargo do músico e artesán OLI XIRÁLDEZ RIO que nos ensinará a fabricar os nosos propios instrmentos de xeito sinxelo e divertido.
Ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe:
haberá outro obradoiro de música e baile galego a cargo dos mestes
JUAN PENA e BEATRIZ GARCIA, da Asociación SEMENTES DA ARTE.
A partir das 21:30 h. ... máis de 25 grupos de música e baile repartiranse polos bares de Ordes para logo xuntarnos, a partir das 12 h da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar na cervecería ISLIA (Rúa Ramón Ferreiro, 2)
IMPORTANTE: ás 12 h da noite (No Islia) empezaremos co sorteo da gaita de Seivane e sacaránse boletos ata que aparezca o afortunado gañador.
Vide tocar con nós!!