9 de outubro de 2015

DOMINGO DAS MOZAS - SAN FROILAN (LUGO)

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 11 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Os grupos participantes son os seguintes:
         Airiños da Freba - (Lugo)
         Encantiños do Ulla – Lestedo , Boqueixón (A Coruña)
         Estiño – Allariz (Ourense)
         Os Mecos do Grove – O Grove (Pontevedra)
         Os Viqueiras de Ordes – Ordes (A Coruña)
         Eudemónicas - (Lugo)
         Folieiros de Lavadores  - Lavadores – Vigo (Pontevedra)
         Grupo de gaitas Frouma – Oleiros (A Coruña)
         Tornaxeira – Comarca de Valdeorras (Ourense)
         Tumba e Dalle – Barreiros (Lugo)
         Os Campantes da Baña – A Baña (A Coruña)
         Pandereteiros de O Fiadeiro – Vigo (Pontevedra)
         Os Sin Son Gaiteiros - Silleda (Pontevedra) 
Pola mañá todos os grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.
Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.
Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.
É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.