Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Os grupos participantes son os seguintes:
Airiños da Freba - (Lugo)
Encantiños do Ulla – Lestedo , Boqueixón (A Coruña)
Estiño – Allariz (Ourense)
Os Mecos do Grove – O Grove (Pontevedra)
Os Viqueiras de Ordes – Ordes (A Coruña)
Eudemónicas - (Lugo)
Folieiros de Lavadores - Lavadores – Vigo (Pontevedra)
Grupo de gaitas Frouma – Oleiros (A Coruña)
Tornaxeira – Comarca de Valdeorras (Ourense)
Tumba e Dalle – Barreiros (Lugo)
Os Campantes da Baña – A Baña (A Coruña)
Pandereteiros de O Fiadeiro – Vigo (Pontevedra)
Os Sin Son Gaiteiros - Silleda (Pontevedra)
Pola mañá todos os grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.
Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.
Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.
É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.