26 de noviembre de 2015

55ª NOITE DE TASCA en BUSCÁS (ORDES)

Volven as "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes!
O próximo venres 4 de decembro, no bar A RÚA, en Buscás (Ordes) 

Nesta ocasión, seguindo cos recoñecementos que estamos a facer aos vellos e valiosos músicos da nosa comarca, rendiremos unha merecida homenaxe aos irmáns Florentino (máis coñecido por Flor da Maquía) e José Mª Ruibal Rivas, gaiteiro e caixa, cofundadores nos anos 40, xunto cos finados Domingo Calviño e Cesáreo Liñares, do grupo "AIRIÑOS DE BUSCÁS". 

Actuarán, ademáis de Camiño Real de Poulo, o grupo de gaitas San Martiño de Cerceda. Despois haberá foliada aberta á participación de todos os asistentes.
VIDE TOCAR CON NÓS!!