28 de decembro de 2016
20 de novembro de 2016
Festas San Francisco Xabier 2016
FESTAS NA PARROQUIA DE SAN FRANCISCO XABIER,
na rúa Monasterio de Bergondo (barrio do Ventorrillo, A Coruña)
15 de outubro de 2016
HOMENAXE A PUCHO BOEDO
No marco das festas do Ventorrillo (A Coruña) descubriuse a placa homenaxe a Pucho Boedo na rúa na que creceu o popular cantante e integrante do grupo Os Tamara falecido fai xa 30 años. Entre os participantes estiveron o escritor Manuel Rivas e Xurxo Souto.
8 de outubro de 2016
6 de setembro de 2016
VERBENALIA: sesión vermú cos VIQUEIRAS E AS DONICELAS
VENRES 9 DE SETEMBRO, ás 22:00 h:
sexto programa de VERBENALIA, na TVG
29 de agosto de 2016
28 de agosto de 2016
II FOLIADA DE FOLQUE RUADA
O sábado 3 de setembro terá lugar a II Foliada organizada
pola A.C. FOLQUE-RUADA na Silva-Cerceda.
21 de agosto de 2016
ROMARIA STA. MARGARIDA 2016
Sábado 27 de agosto
Ás 10 h. comeza o pasarrúas polas prazas dos VIQUEIRAS
e a partir das 11:45 h incorporaranse os nosos cabezudos.
9 de agosto de 2016
4 de agosto de 2016
18 de xullo de 2016
17 de xullo de 2016
4 de xullo de 2016
2 de xuño de 2016
8º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"
Venres 17 de xuño, en Ordes (A Coruña)
Especial 8º Aniversario das "Noites de Tasca"
Programa:
-18:00 h: no Campo da Feira (diante da piscina municipal): "ENREDOS MUSICAIS" co artesán Oli Xirádez. Un Obradoiro para toda a familia para aprender a fabricar os vosos propios instrumentos musicais .
- Desde pola tarde haberá postos de artesanía no Campo da Feira.
- 20:00 h: na alameda: OBRADOIRO de MÚSICA E BAILE GALEGO, a cargo de Juan Pena e Beatriz García, mestres da Agrupación SEMENTES DA ARTE de Ordes, aberto a todo o público.
- 21:30 h: Actuacións de grupos de música tradicional polos bares de Ordes.
- 23:30 h: gran FOLIADA FINAL no Campo da Feira.
VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!
25 de abril de 2016
56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA
VENRES 6 de MAIO
No bar RIOS
(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)
Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008.
Contaremos cas actuacións da:
Despois, FOLIADA aberta á participación de todos.
VIDE TOCAR CON NÓS!
Colabora: O Concello de Tordoia e a Federación de grupos de música e baile tradicionais da comarca de Ordes.
15 de abril de 2016
EXPO-ORDES 2016
A nova edición da feira multisectorial será do 22 ao 24 de abril no Campo da Feira. O último día terá lugar a XXVII Degustación do Champiñón, no que se repartirán arredor de 2000 quilos deste tipo de cogomelos.
A nota musical nesta edición de ExpoOrdes vai a cargo dos grupos de gaitas Os Pelexos, Os Viqueiras, a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.com.
A nota musical nesta edición de ExpoOrdes vai a cargo dos grupos de gaitas Os Pelexos, Os Viqueiras, a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.com.
24 de marzo de 2016
XXI XANTAR GAITEIRO EN ORDES
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión se celebrará no Concello de Ordes o 3 de abril.
Esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Pero ademais, nesta edición aproveitaremos para render unha merecida homenaxe a o gran Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros de tódolos tempos e un dos poucos que conservaba a dixitación antiga propia da súa zona, o toque pechado, dunha maneira ornamentada moi particular e complexa.
Programa:
11:45h. Homenaxe a Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde. Durante esta homenaxe Gustavo Couto, amigo de Manuel, terá unhas palabras en recordo a súa persoa. A continuación, a través da proxección dun video e fotos, farase un percorrido pola súa vida, para rematar coa actuación dos seus fillos, que tocarán un par de pezas na súa memoria. O acto terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Ordes.
13:00h. Roteiro polos bares.
14:30h. XXI Xantar Gaiteiro no restaurante O Túnel (N-550 frente á Alameda)
MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito
PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Mais información e reservas no teléfono 986 84 70 74 ou a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal
23 de marzo de 2016
Final Copa Xunta 2016 de fútbol sala.
Final da Copa Xunta 2016 de fúbol sala entre o SANTIAGO FUTSAL e o BURELA FS, celebrada no multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela.
Gracias á organización por contar coa música tradicional para os eventos deportivos!
3 de marzo de 2016
26 de xaneiro de 2016
"O Gaiteiro Cabezudo" na Biblioteca de Cerceda
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)