24 de marzo de 2016

XXI XANTAR GAITEIRO EN ORDES



Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión se celebrará no Concello de Ordes o 3 de abril. 
Esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Pero ademais, nesta edición aproveitaremos para render unha merecida homenaxe a o gran Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros de tódolos tempos e un dos poucos que conservaba a dixitación antiga propia da súa zona, o toque pechado, dunha maneira ornamentada moi particular e complexa. 

Programa: 
11:45h. Homenaxe a Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde. Durante esta homenaxe Gustavo Couto, amigo de Manuel, terá unhas palabras en recordo a súa persoa. A continuación, a través da proxección dun video e fotos, farase un percorrido pola súa vida, para rematar coa actuación dos seus fillos, que tocarán un par de pezas na súa memoria. O acto terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Ordes. 
13:00h. Roteiro polos bares
14:30h. XXI Xantar Gaiteiro no restaurante O Túnel (N-550 frente á Alameda) 
MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito 
PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Mais información e reservas no teléfono 986 84 70 74 ou a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal

23 de marzo de 2016

Final Copa Xunta 2016 de fútbol sala.

Final da Copa Xunta 2016 de fúbol sala entre o SANTIAGO FUTSAL e o BURELA FS, celebrada no multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela.
Gracias á organización por contar coa música tradicional para os eventos deportivos!