25 de abril de 2016

56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA

 VENRES 6 de MAIO
No bar RIOS
(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)
 Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008. 
 Contaremos cas actuacións da: 
Despois, FOLIADA aberta á participación de todos. 
VIDE TOCAR CON NÓS!

Colabora: O Concello de Tordoia e a Federación de grupos de música e baile tradicionais da comarca de Ordes.

15 de abril de 2016

EXPO-ORDES 2016

      A nova edición da feira multisectorial será do 22 ao 24 de abril no Campo da Feira. O último día terá lugar a XXVII Degustación do Champiñón, no que se repartirán arredor de 2000 quilos deste tipo de cogomelos.

         A nota musical nesta edición de ExpoOrdes vai a cargo dos grupos de gaitas Os Pelexos,  Os Viqueiras,  a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.com.