28 de maio de 2018

Concurso de tapas en Oroso A Coruña)

Sábado 2 de xuño, a partir das 12:00 h
Os Viqueiras de Ordes estaremos amenizando o 
Concurso de Tapas polo bares de Sigüeiro.



Os establecementos hosteleros de Sigüeiro, no municipio de Oroso, celebrarán durante os fins de semana do venres 1, sábado 2, domingo 3 e venres 8, sábado 9 e domingo 10 de Xuño unha nova edición do Concurso de Tapa en Tapa. 

Durante estas xornadas as rúas de Sigüeiro estarán animadas cos pasarrúas de Os Viqueiras de Ordes, Néboas non Cúmio, Lembranzas do Tambre, Amigos do Acordeón e Buxos Verdes. 

14 de maio de 2018

Concerto no II Memorial José Lolo en Tres Cantos (Madrid)


Sábado 19 maio, ás 22:00 h.
no Recinto Ferial de Tres Cantos:
Concerto-presentación do noso disco VILAVERDE



9 de maio de 2018

Concerto no Club Clavicémbalo-Lugo

FESTA DOS MAIOS 2018 en VIGO

A Asociación Cultural e Veciñal do Casco Vello, en colaboración co Concello e a Deputación, prepara para o domingo 13 a gran Festa dos Maios, na Praza do Berbés:

Ás 18:00 horas terá lugar o acto central da
xornada ca representación dramatizada dos Maios, que finalizará co concerto do grupo Os Viqueiras.