GRUPOS

25 de febreiro de 2013

40 ª NOITE DE TASCA en XANCEDA (Mesía)

VENRES 1 DE MARZO DO 2013, a partir das 21:30 h
no Café-bar XANCEDA
Os protagonistas desta Noite será o grupo:
e a


24 de febreiro de 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA en Ordes

Alameda de Ordes, A Coruña, 24 febreiro do 2013
Os Viqueiras de Ordes uníronse ao chamamento da Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteiros Galegos para saír á rúa e rendirlle homenaxe á  Rosalía, coincidindo co 176 aniversario do seu necemento e o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos.







19 de febreiro de 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA DE CASTRO


Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estan a organizar para o 24 de febreiro a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fan un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.
Se es un gaiteir@, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra).  

                                                                       Máis info: ALBORADA PARA ROSALIA

  OS VIQUEIRAS estaremos tocando o domingo 24 na Alameda de Ordes,    
  ás 11:00 h.