Sábado, 5 xullo 2025
CONCERTO DOS VIQUEIRAS NO SERÁN
Luns, 23 xuño 2025
Unha noite máis Os Viqueiras de Ordes estivemos celebrando a festa de San Xoán cos veciños de Santa María de Arzúa, que con moito traballo e ilusión fan posible a construción deste fermoso castelo-falla, unha tradición desde hai 26 anos.A peregrina elexida este ano para prender o lume xunto cos cofrades foi a estadounidense Laurie, que quedou para sempre gravada nunha estrela no muro dos luceiros.
FELIZ NOITE MÁXICA e "Que nunca falte unha fogueira que saltar nin un desexo que pedir".
Organiza: A.VV O Cruceiro de Sta. María de Arzúa
https://www.facebook.com/castelosanxoan
Venres, 6 xuño 2025
Divertido concerto didáctico cos rapaces do Centro Público Integrado
de Pecalama, Cabaleiros (Tordoia)