21 de junio de 2013

"Queima do castelo" en Arzúa (A Coruña)

Domingo día 23, NOITE MEIGA
a partir das 10 da noite
 "Os Viqueiras" na festa de San Xoán de 
           Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular                   "Queima do castelo" .

            Na noite do 23 de xuño a parroquia de Santa María de Arzúa festexa o San Xoán dun xeito moi especial.
             Os confrades da Orde Caldaria recollen no albergue ao último peregrino que chega a Arzúa ese día. Esta será a persoa homenaxeada esa noite e a encargada de prender lume a un castelo medieval construido para a ocasion. Logo dos rituais, da queimada e da troula os veciños e confrades pasan a noite espertos para recibir a chegada do amencer no Castro Curbín, tomando "caldo en cunca" para recuperar as forzas e aguantar ata que, cos primeiros raios de sol, lavan a cara coa auga de San Xoán. 

Organiza:  A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.