Venres 4 de abril, desde as 21:30 h
Na nave situada na Cruz do Coto (fronte ao Bar Porto), en Ardemil
NOITE DE TASCA moi especial na que queremos rendir unha merecida e agarimosa homenaxe a dous veciños da parroquia de Ardemil (Ordes):
JOSÉ LÓPEZ BAO, prestixiosos artesán de gaitas e tamén gaiteiro, alcumado "o rey do si bemol", de 87 anos, e a JESÚS LOURO RAPOSO, de 92 anos, que tocou o bombo no cuarteto tradicional "Os da Fraga".
Contaremos coas actuacións dos grupos de Ordes:
A. C. Camiño Real de Poulo - A. C. Veciños de Leira,
Os Pelexos de Montaos - Embruxo Gaiteiros,
A.C. Sementes da Arte e Os Viqueiras.
Coma sempre, remataremos cunha FOLIADA con participación aberta a todos.
NON FALTEDES!
Colabora: O concello de Ordes e a Asociación Cultural CASTRO DA CROA.