20 de novembro de 2016

Festas San Francisco Xabier 2016

FESTAS NA PARROQUIA DE SAN FRANCISCO XABIER,
na rúa Monasterio de Bergondo (barrio do Ventorrillo, A Coruña)


15 de outubro de 2016

HOMENAXE A PUCHO BOEDO



No marco das festas do Ventorrillo (A Coruña) descubriuse a placa homenaxe a Pucho Boedo na rúa na que creceu o popular cantante e integrante do grupo Os Tamara falecido fai xa 30 años. Entre os participantes estiveron o escritor Manuel Rivas e Xurxo Souto.



28 de agosto de 2016

21 de agosto de 2016

ROMARIA STA. MARGARIDA 2016

Sábado 27 de agosto
Ás 10 h. comeza o pasarrúas polas prazas dos VIQUEIRAS 
e a partir das 11:45 h incorporaranse os nosos cabezudos.


4 de agosto de 2016

2 de xuño de 2016

8º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"

Venres 17 de xuño, en Ordes (A Coruña)
Especial 8º Aniversario das "Noites de Tasca"

Programa:

-18:00 h: no Campo da Feira (diante da piscina municipal): "ENREDOS MUSICAIS" co artesán  Oli Xirádez. Un Obradoiro para toda a familia para aprender a fabricar os vosos propios instrumentos musicais .
- Desde pola tarde haberá postos de artesanía no Campo da Feira.
- 20:00 h: na alameda: OBRADOIRO de MÚSICA E BAILE GALEGO, a cargo de Juan Pena e Beatriz García, mestres da Agrupación SEMENTES DA ARTE de Ordes, aberto a todo o público.
- 21:30 h: Actuacións de grupos de música tradicional polos bares de Ordes.
- 23:30 h: gran FOLIADA FINAL no Campo da Feira.
VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!



25 de abril de 2016

56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA

 VENRES 6 de MAIO
No bar RIOS
(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)
 Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008. 
 Contaremos cas actuacións da: 
Despois, FOLIADA aberta á participación de todos. 
VIDE TOCAR CON NÓS!

Colabora: O Concello de Tordoia e a Federación de grupos de música e baile tradicionais da comarca de Ordes.

15 de abril de 2016

EXPO-ORDES 2016

      A nova edición da feira multisectorial será do 22 ao 24 de abril no Campo da Feira. O último día terá lugar a XXVII Degustación do Champiñón, no que se repartirán arredor de 2000 quilos deste tipo de cogomelos.

         A nota musical nesta edición de ExpoOrdes vai a cargo dos grupos de gaitas Os Pelexos,  Os Viqueiras,  a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.com.


24 de marzo de 2016

XXI XANTAR GAITEIRO EN ORDES



Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión se celebrará no Concello de Ordes o 3 de abril. 
Esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Pero ademais, nesta edición aproveitaremos para render unha merecida homenaxe a o gran Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros de tódolos tempos e un dos poucos que conservaba a dixitación antiga propia da súa zona, o toque pechado, dunha maneira ornamentada moi particular e complexa. 

Programa: 
11:45h. Homenaxe a Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde. Durante esta homenaxe Gustavo Couto, amigo de Manuel, terá unhas palabras en recordo a súa persoa. A continuación, a través da proxección dun video e fotos, farase un percorrido pola súa vida, para rematar coa actuación dos seus fillos, que tocarán un par de pezas na súa memoria. O acto terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Ordes. 
13:00h. Roteiro polos bares
14:30h. XXI Xantar Gaiteiro no restaurante O Túnel (N-550 frente á Alameda) 
MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito 
PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Mais información e reservas no teléfono 986 84 70 74 ou a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal

23 de marzo de 2016

Final Copa Xunta 2016 de fútbol sala.

Final da Copa Xunta 2016 de fúbol sala entre o SANTIAGO FUTSAL e o BURELA FS, celebrada no multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela.
Gracias á organización por contar coa música tradicional para os eventos deportivos!


26 de xaneiro de 2016

"O Gaiteiro Cabezudo" na Biblioteca de Cerceda

O venres día 22 de xaneiro, na sesión "Merendas e contos" na biblioteca minicipal de Cerceda presentamos o espectáculo do "Gaiteiro Cabezudo", concerto didáctico no que achegamos a música tradicional aos rapaces de xeito moi divertido. Pasámolo todos xenial!