8 de outubro de 2020

FESTAS DO PILAR NO VENTORRILLO (A CORUÑA)

   SÁBADO 10 e LUNS 12, OUTUBRO 2020

Este ano, a realización de eventos durante as Festas do Pilar no barrio do Ventorrillo quedan suspendidos debido ás restricións sanitarias.

Para ter un pouquiño de animación e ainda que sexa de forma testimonial, o grupo de gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, farán alboradas polas diferentes rúas do barrio o sábado día 10 e o luns 12 entre as 10:00 e as 14:00 h.
O luns, con motivo da ofrenda a Virxe, os gaiteiros estarán presentes a partir das 12:30 h. no atrio da Igrexa do Pilar.
 
 
                                               Organiza: AA VV Ventorrillo da Coruña
 

 




 

1 de outubro de 2020

DOMINGO DAS MOZAS, San Froilán 2020

LUGO, 11-Outubro-2020 
 
 

A Asociación de Gaiteiros Galeg@s organiza, co patrocinio do Concello de Lugo, a XXII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, que contará coas actuacións de 16 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiras, requinteiros, murgas, etc..) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
 

 
 
Domingo das mozas - Lugo 11-10-2020