27 de novembro de 2011

ACTUACION NO PROGRAMA "LUAR" da TVG




 O venres 25 de novembro, Os Viqueiras estivemos no programa "Luar" presentando un tema do noso 1º disco: "A moreniña" e contamos ca colaboración especial de catro grandes bailadores: Francisco Manteiga, Antonio Prado e  máis Carmen e Maruja (bailadoras da parroquia de Bardaos-Tordoia).
  


26 de novembro de 2011

XXXI NOITE DE TASCA en Sigüeiro-Oroso

Venres día 2, a partir das 22:00 h

no Bar CHÉ en Sigüeiro.

Ca actuación do
 dúo de zanfoñas
 "SOBRE RODAS"
 formado por
Carlos do Viso
e Luis O Caruncho.

E despois... FOLIADA!

Colaboran con nós:
O Concello de Oroso e a Asociación Folclórica LEMBRANZAS DO TAMBRE de Sigüeiro (Oroso)

5 de novembro de 2011

CERTAME GALEGO DE CANCIÓN DE TABERNA


VENRES 11 de novembro:

No BAR SUSO de Donramiro en Lalín (Pontevedra)

"Os Viqueiras" partiparemos no I Certame Galego da canción de taberna.

Vémonos!

24 de outubro de 2011

XXX NOITES DE TASCA en Ordes


VENRES 4 DE NOVEMBRO:

Unha Noite para disfrutar da maestría do gran gaiteiro  Manuel Enríquez Fernández, "NELA", de 73 anos, natural de Silvallana, parroquia de Bres no concello de Taramundi (Asturias).
E despois, FOLIADA para que participe todo o público asistente.
 Lembrade: a partir das 10 da noite no bar o "Rincón do Pincho". Haberá agasallos para os participantes.






28 de setembro de 2011

VOLVEN AS "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes

Xa estamos de volta ca 4ª tempada de "NOITES DE TASCA", como sabedes celébranse todos os primeiros venres de cada mes, desde outubro ata xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes.

Esta  29ª edición  terá  lugar o venres dia 7 a partir das 10 da noite no Bar CALVIÑO, na Pontepedra.

Contamos ca presenza do mestre gaiteiro
artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos.

Despois, coma sempre, FOLIADA para que participen todos os músicos e bailadores que o desexen.

                          Colaboran con nós:
            O Concello de Tordoia e a Asociación
                Cultural O BUXO de Tordoia.


27 de setembro de 2011

Concerto no BAR ORELLAS de Ordes




    O sábado día 1  pola mañán estaremos
    tocando nas festas de San Francisco,
    no barrio do Piñeiro de Ordes e...

 pola noite, a partir das 22: 00 h:


Concerto-Presentacion 
do noso disco
no Bar Orellas
(Ordes)


  

18 de setembro de 2011

ROMARÍA DE SAÍNZA 2011

Sábado 24: Pasarrúas e Sesión vermú a partir das 12:15h
Domingo 25: Pasarrúas a partir das 10:00 h


8 de setembro de 2011

Concerto no Restaurante TIO PEPE de Cerceda

     
          O domingo 18, despois de tocar en
          Coristanco, agardámosvos no  

Restaurante-Parrillada
 "TIO PEPE",
 na Avd. da Coruña, 19-21,
 en Cerceda (A Coruña)

   A partir das 4 da tarde,  presentaremos  
   os temas do noso Cd "Noites de Tasca"
   e faremos festa ata a noite.


CORISTANCO: XXXI FESTA DA PATACA 2011

O domingo 18, a partir das 10:30 h, pasarrúas dos "Viqueiras de Ordes" por Coristanco na tradicional "Festa da Pataca"


25 de agosto de 2011

FESTAS DE ROMARÍS (Negreira, A Coruña)

O domingo 28, na parroquia de Arzón, concello de Negreira, a partir das 11:00 h:
Pasarrúas e Sesión Vermú a cargo dos "Viqueiras de Ordes"

17 de agosto de 2011

FESTA DO MAR EN LIRA (Carnota, A Coruña)

O sábado 20, Lira celebra a súa popular Festa do Mar:
A partir das 11:00 h Pasarrúas e Procesión Marítima cos "Viqueiras de Ordes"

11 de agosto de 2011

10 de agosto de 2011

"A PÉ DE RÚA" en Cambados (Pontevedra)

O domingo 14, a partir das 11:00 h :
Pasarrúas por Cambados 


A Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver o seu programa "A Pé de Rúa", que terá lugar por distintas vilas de Galicia ao longo de todo o verán.

Esta fin de semana, terán lugar distintos pasarrúas a cargo desta programación nas seguintes vilas:
Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Cambados, "Os Viqueiras de Ordes".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Verín, "Asociación Cultural Trepia".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 12.30h. no Concello de Vilanova de Arousa, "Tumba e Dalle".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 15h. no Concello de Carballiño, "Mazaroca".

27 de xullo de 2011

Parrillada AGARIMO de Curtis: Presentación do disco e Foliada



Venres 5 de agosto, a partir das 22:00 h:


na  Parrillada AGARIMO 

Ronda da Coruña, 91  Ctra. AC-840
en Curtis (A Coruña)


 Churrascada e Foliada!

12 de xullo de 2011

Próximos concertos de Presentación do disco

Venres 22 de xullo: Na Taberna-cervexaría A COVA CÉLTICA (Rúa do Orzán, Nº 88,  A Coruña)

Domingo 24 de xullo: Gran Sardiñada e Foliada no BAR ZARRA, no porto de Caión-Laracha (A Coruña)

Venres 5 de agosto: na Parrilada AGARIMO de Curtis, a partir das 22:00 h. 

Domingo 18 de setembro: no Restaurante TIO PEPE de Cerceda, a partir das 16:00 h. 

Sábado 1 de outubro: no Bar ORELLAS de Ordes, a partir das 22:00 h. 

10 de xullo de 2011

XIII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ (Lugo)

                   SÁBADO 16 DE XULLO : ás 15:00 h comezará a actuación do cuarteto
                     "Os Viqueiras de Ordes" no XII Mercado Medieval de Alfoz.


O entorno do Castelo de Castro de Ouro será un ano mais o que acolla a celebración do Mercado Medieval de Alfoz, que durante todo o día terá unha ateigada axenda de actos de homenaxe á súa historia feudal.
      
              http://www.concellodealfoz.es/

22 de maio de 2011

Especial 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

O venres 3 de xuño celebramos o 3º Aniversario con varias actividades e  ademais contamos cos protagonistas das últimas edicións desta tempada.
Ás 19:30 h, no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, haberá un "Obradoiro de Baile Galego" impartido polos mestres Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e dirixido ao público de todas as idades.
Animádevos a visitar a Exposición monográfica de traxes adicada a Andalucía no Museo de Juanjo Liñares, as visitas son gratuitas.
Pola tarde, como nos anos anteriores, visitaremos a Residencia de anciáns, alí tocaremos Os Viqueiras e o Grupo de Música Tradicional de Ordes.
A partir das 21:30 h estarán os grupos tocando polos bares de Ordes (algúns deles ofrecerán tamén churrascada e sardiñadas) para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, no bar "O Rincón do Pincho" (Av. Alfonso Senra, nº 75) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.

Colaboran con nós:  O Concello de Ordes e a Agrupación Folclórica SEMENTES DO ARTE.

9 de maio de 2011

Presentación do disco: "Noites de Tasca"


 

O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio ás oito da tarde na Casa da Cultura (Rúa de Galicia, 25) de Ordes.

8 de maio de 2011

Gañadores do CONCURSO DE ATURUXOS


Entrega de premios
A gañadora, Begoña Lorenzo
 O pasado venres, na 28ª edición das Noites de Tasca en Cerceda celebramos a gran Final do Concurso de Aturuxos, onde os clasificados nas últimas edicións botaron os seus mellores aturuxos ao son da música dos Gaiteiros de Lesta e dos Requinteiros da Ulla, entre outros.
Os gañadores foron:
1ª)  Begoña Lorenzo, de Ordes, que levou unha fabulosa cesta con viandas e agasallos, xentileza de "Parada Dulce" (C.C. Marineda City, A Coruña)
2ª)  Mª José Barral de Santiago, gañou un cheque de compra por valor de 50€ en "Deportes CAPITAN"" en Ordes.
3ª)  Aurora Ferreiro, de Marantes, Santiago, disfrutará dunha cea para 2 personas ou aloxamento na Casa Rural "Antón Veiras, en Poulo, Ordes.
4ª)  Javier Suárez, tamén de Santiago, que gañou unha cea-baile para 2 persoas no Hotel Barreiro, en Leira (Ordes).
O resto de clasificados levaron invitacións ao Aquapark, agasallo do Concello de Cerceda.

Noraboa a todos!

21 de abril de 2011

28ª Noite de Tasca en Cerceda



O venres 6 de maio, a partir das 22:00 h, vémonos no Restaurante O PANADEIRO, en Cerceda, xusto en fronte á entrada do Aquapark. Como grupo convidado temos aos Requinteiros da Ulla, A GAITA DE SARANDÓN, con Pepe de Nande e Marcelino de Muiñero, os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois, coma sempre, Foliada aberta á participación de todo o público.

Pero esta Noite é moi especial porque, a partir das 23:30 h, comezará a gran FINAL do CONCURSO DE ATURUXOS, onde elixiremos aos "Mellores Botadores de Aturuxos das Noites de Tasca" desta tempada, e por suposto, repartiránse moitos premios entre os gañadores.

      Colaboran con nós: o Concello de Cerceda e a
     Agrupación Folclórico-Cultural SAN MARTIÑO
     de Cerceda.

16 de marzo de 2011

27ª Noites de Tasca na Pontecarreira (Frades)


O vindeiro venres día 1 de abril, temos unha "Noite de Tasca" moi movida. Xa a partir das  nove da noite haberá grupos de gaiteiros percorrendo os bares da Pontecarreira para xuntarnos logo aí sobre as 22:00 h no Restaurante O CADAVAL.

Aviso importante: estarán connosco gravando da TVG para o programa "VAIA TROULA" que se emitirá o próximo sábado día 9.

Como grupo  convidado especial temos ao Grupo de Música Tradicional da Asociación de Veciños REXENTE da Pontecarreira e despois todos aqueles que queirades participar.

 As 23:30 h dará comezo a Semifinal do I CONCURSO DE ATURUXOS que estamos a celebrar este ano. Os clasificados pasarán á gran FINAL que se celebrará o venres 6 de maio en Cerceda, con premios para os gañadores.

Colaboran con nós:  O Concello de Frades e Os Reiceiros da Pontecarreira.



19 de febreiro de 2011

26ª Noite de Tasca en Trazo


    Venres 4, a partir das 22:00 h 

na  Parrillada "CAMPO" en Trazo,
 celebraremos a 26ª edición das Noites de Tasca
ca presenza do grupo...

FAISCAS DA PONTRAGA
(de Tordoia) que tocará nesta noite de Entroido    antes de comezar a Foliada.


Animávovos a participar no Concurso de Aturuxos, xa vamos pola 6ª eliminatoria e queda pouco para a semifinal.

Colaboran: O Concello de Trazo e a Asociación  Cultural  OS XEITOSOS DE TRAZO.

               Vide tocar e aturuxar con  nós!

26 de xaneiro de 2011

25ª Noite de Tasca en Sta. Cruz de Montaos (Ordes)


O venres, 4 de febreiro, a partir das 22:00 h
na N-550, na parroquia de Sta. Cruz de Montaos.

Contamos ca presenza do grupo
 "NÉBOAS" 
      de Sigüeiro-Oroso (A Coruña) e tamén actuará a
 "Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos".

Remataremos coma sempre ca tradicional  Foliada 
e celebraremos a 5ª Eliminatoria do Concurso de Aturuxos.

                          Colaboran:
O Concello de Ordes, a Asociación de Veciños
"Unidad Gallega" e a Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.

                        VIDE TOCAR CON NÓS!