Hoxe martes despediremos ao noso pai e fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes. Ás 18:00 horas oficiarase a misa no Tanatorio Municipal do Balado e a continuación será enterrado no cemiterio municipal do Piñeiro (Ordes) Como non podía ser doutro xeito, as gaitas tocarán esta tarde na súa honra. Toda a familia Viqueira-Noya quere expresar desde aquí a máis sentida gratitude polas vosas condolencias, mensaxes e visitas recibidas desde onte. Moitísimas grazas a todos. D.E.P. GAITEIRO DE VILAVERDE.-Gracias por transmitirnos a paixón pola música tradicional. O teu recordo estará sempre nos nosos corazóns e o teu legado musical estará sempre vivo. Querémoste.