15 de decembro de 2015

II FOLIADA no bar O VILA (Tordoia)

Este sábado celebramos a II FOLIADA organizada polo bar
Para ir despedindo o ano con alegría e boa música. 
Vide tocar con nós!


26 de novembro de 2015

55ª NOITE DE TASCA en BUSCÁS (ORDES)

Volven as "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes!
O próximo venres 4 de decembro, no bar A RÚA, en Buscás (Ordes) 

Nesta ocasión, seguindo cos recoñecementos que estamos a facer aos vellos e valiosos músicos da nosa comarca, rendiremos unha merecida homenaxe aos irmáns Florentino (máis coñecido por Flor da Maquía) e José Mª Ruibal Rivas, gaiteiro e caixa, cofundadores nos anos 40, xunto cos finados Domingo Calviño e Cesáreo Liñares, do grupo "AIRIÑOS DE BUSCÁS". 

Actuarán, ademáis de Camiño Real de Poulo, o grupo de gaitas San Martiño de Cerceda. Despois haberá foliada aberta á participación de todos os asistentes.
VIDE TOCAR CON NÓS!!

25 de novembro de 2015

Festa de S.Francisco Xabier, na Coruña

O xoves 3 de decembro, nas Festas de San Francisco Xabier, 
na rúa Monasterio de Bergondo 

9 de outubro de 2015

DOMINGO DAS MOZAS - SAN FROILAN (LUGO)

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 11 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Os grupos participantes son os seguintes:
         Airiños da Freba - (Lugo)
         Encantiños do Ulla – Lestedo , Boqueixón (A Coruña)
         Estiño – Allariz (Ourense)
         Os Mecos do Grove – O Grove (Pontevedra)
         Os Viqueiras de Ordes – Ordes (A Coruña)
         Eudemónicas - (Lugo)
         Folieiros de Lavadores  - Lavadores – Vigo (Pontevedra)
         Grupo de gaitas Frouma – Oleiros (A Coruña)
         Tornaxeira – Comarca de Valdeorras (Ourense)
         Tumba e Dalle – Barreiros (Lugo)
         Os Campantes da Baña – A Baña (A Coruña)
         Pandereteiros de O Fiadeiro – Vigo (Pontevedra)
         Os Sin Son Gaiteiros - Silleda (Pontevedra) 
Pola mañá todos os grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.
Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.
Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.
É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

6 de setembro de 2015

FESTAS DE CARRAL SUSPENDIDAS


Os Actos previstos nas Festas de Carral quedan todos suspendidos por mor do tráxico accidente no rally ocurrido onte. Os Viqueiras unímonos á dor das familias e amigos das vítimas e desexamos unha pronta recuperación aos feridos.

24 de agosto de 2015

XLIII FESTA DA EMPANADA DE CARRAL

O martes, os Gaiteiros e Cabezudos estarán amenizando a 
FESTA DO FOLCLORE GALEGO, organizada polo Concello de Carral


12 de xullo de 2015

Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites no Memorial Ricardo Portela

Momento da entrega dun agasallo á neta de Manuel Viqueira con motivo da homenaxe
                         Manuel Viqueira (fillo) interpretou dúas pezas ca gaita do seu pai , Jota e Muiñeira de Vilaverde,                                             acompañado de Amaya Viqueira, Xan Ferrás e Manuele Pardo.

23 de xuño de 2015

Presentación libros no Museo do Traxe (Ordes)

VENRES, 26 DE XUÑO 2015


                                                                      Entrada gratuita. 

11 de xuño de 2015

7º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES

ESPECIAL 7º ANIVERSARIO

VENRES 26 DE XUÑO 2015

    Un ano máis, a Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organizamos o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.

      O encargado de empezar a festa será o popular home orquestra, César Freiría, coñecido como CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00 h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.
      A partir das 19:30 h podedes apuntarvos aos Obradoiros de baile galego. Un será na Alameda, a cargo da mestra Helena Noya Ruibal, da Asociación Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo dos mestres Juan Pena e Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte.
      Ás 19:00 h:  presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE" da Editorial Canela. Será no auditorio do Museo do Traxe. Entrada gratuita. 
      E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarnos todos no Campo de Feira, Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.

VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!


Colaboran: A Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes, o     concello, ESYMAR Artes gráficas e Sastrería TANO.


21 de maio de 2015

18 de maio de 2015

Concertos didácticos de música tradicional

Concertos didácticos nas escolas co espectáculo
 "O gaiteiro cabezudo"

O pasado día 15 celebramos o Día das Letras Galegas no CEIP 
MESON DO VENTO e pasámolo xenial cos rapaces, os pais e os mestres.


23 de abril de 2015

54ª NOITE DE TASCA NA SILVA (CERCEDA)

Despois de tres meses sen "NOITES DE TASCA" por motivos familiares, OS VIQUEIRAS voltamos coa 54ª edición o próximo día...

Venres 1 de maio
Na cervexería NUEVA BROCHAS

Contamos coas actuacións de...

O gran mestre gaiteiro
GERMÁN DA SONEIRA (76 anos), 
de Ames-Bertamiráns (Santiago de Compostela)

e o grupo de folk  OS PERRECHOS de Ordes

          A cita comeza ás 21:30 h e prolongarase ata a madrugada cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados a participar.


Colaboran ca organización: 
O Concello de Cerceda, A.C. FOLQUE-RUADA da Silva
MEIGAMOURA, que sorteará un lote dos seus riquísimos produtos naturais.
VIDE TOCAR CON NÓS!

18 de abril de 2015

EXPOORDES 2015

DOMINGO 26 ABRIL 2015

XXVI FESTA DO CHAMPIÑON EN ORDES

Bares e restaurantes da zona repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este produto. En total estímanse que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen para ser degustados ao longo de todo o día por veciños e visitantes.
Ás 11 horas darán comezo as exhibicións e probas de Agility canina nas inmediacións do Campo da Feira. Outra novidade será a exhibición de vehículos de competición.
O grupo de gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, a BANDA DE MÚSICA DE ORDES e as charangas NBA e MEKÁNICA animarán a festa durante todo o día.


13 de abril de 2015

FESTA DA PANDEIRETA 2015 EN CERCEDA

Sábado 18 de abril 2015 
nas ENCROBAS (Cerceda, A Coruña)

Ás 14:30 h: Xantar de confraternidade

A partir das 18:00 h.: Actuación dos grupos


Organiza: Asociación de Mulleres Rurais A XUNGUEIRA DAS ENCROBAS


5 de abril de 2015

FESTA DA GAITA E CANTOS DE TABERNA EN ARZÚA (A CORUÑA)

Sábado 11 de abril 2015

12:15 h. Pasarrúas
13:00 h:  Homenaxe a "OS ROMÁNS" de Brates
Ás 15:30 h: Xantar de confraternidade no multiusos
A partir das 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares 



25 de febreiro de 2015

FESTA DE ENTROIDO NAS OLIVEIRAS

VENRES 6 DE MARZO
FESTA DE ENTROIDO
Na cervecería AS OLIVEIRAS
(Lg. Canedo, Ctra. N. 550, Km 25, ORDES-A Coruña)



10 de febreiro de 2015

Pasamento de Manuel Viqueira Vieites

Hoxe martes despediremos ao noso pai e fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes.
Ás 18:00 horas oficiarase a misa  no Tanatorio Municipal do Balado e a continuación será enterrado no cemiterio municipal do Piñeiro (Ordes)
Como non podía ser doutro xeito, as gaitas tocarán esta tarde na súa honra.
Toda a familia Viqueira-Noya quere expresar desde aquí a máis sentida gratitude polas vosas condolencias, mensaxes e visitas recibidas desde onte. Moitísimas grazas a todos.

D.E.P. GAITEIRO DE VILAVERDE.-Gracias por transmitirnos a paixón pola música tradicional. O teu recordo estará sempre nos nosos corazóns e o teu legado musical estará sempre vivo. Querémoste.