28 de xuño de 2013

VENRESPIRAR-Ourense

VENRES 5 DE XULLO
OS VIQUEIRAS temos a honra de participar no último "VenRespirar
 desta tempada en Ourense.

 Programa:

Na esplanada do bar "A Efémera" - frente ó Auditorio municipal


- Ás 20:00 h: VENRESPIRIÑO, obradoiro infantil de baile tradicional galego 

          - A partires das 22:30 h VENRESPIRAR:

Nas músicas: OS VIQUEIRAS + AOFTOU- GOMES MOURO + espontáneos/as

No baile: BEA DÍAZ (Bailadora e mestra de baile tradicional en diferentes escolas do pais)

Colabora: Rebulir+ Tempos de lecer Ourense+ A Efémera



22 de xuño de 2013

Romaría de SAN XOÁN DO COTO en Cesuras

                 E despois de saltar as cacharelas e lavar a cara coas herbas de San Xoán, 
imos á festa de San Xoán do Coto, na parroquia de Paderne, en Cesuras. 
Alí tocaremos a partir das 12 do mediodía.


21 de xuño de 2013

"Queima do castelo" en Arzúa (A Coruña)

Domingo día 23, NOITE MEIGA
a partir das 10 da noite
 "Os Viqueiras" na festa de San Xoán de 
           Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular                   "Queima do castelo" .

            Na noite do 23 de xuño a parroquia de Santa María de Arzúa festexa o San Xoán dun xeito moi especial.
             Os confrades da Orde Caldaria recollen no albergue ao último peregrino que chega a Arzúa ese día. Esta será a persoa homenaxeada esa noite e a encargada de prender lume a un castelo medieval construido para a ocasion. Logo dos rituais, da queimada e da troula os veciños e confrades pasan a noite espertos para recibir a chegada do amencer no Castro Curbín, tomando "caldo en cunca" para recuperar as forzas e aguantar ata que, cos primeiros raios de sol, lavan a cara coa auga de San Xoán. 

Organiza:  A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.