28 de marzo de 2023

O SERÁN DO SOR 2023

 Xoves 6 Abril 2023, Grañas do Sor-Mañón (A Coruña)

Sesión vermú cos Viqueiras





27 de marzo de 2023

FESTA DA PRIMAVERA NA CORUÑA

 

O Concello da Coruña organiza o vindeiro sábado 1 de abril a Festa da Primavera, que se celebrará no parque de Santa Margarida. O obxectivo desta iniciativa do Goberno de Inés Rey é desenvolver unha xornada festiva para público de todas as idades.

Haberá catro actuacións musicais ao longo da tarde do sábado no parque de Santa Margarida. En primeiro lugar, a partir das 13.30 horas actuará a agrupación de música tradicional Os Viqueiras de Ordes, que será seguida do grupo Son d'aquí ás 16.00 horas. Ás 17.15 será a quenda de Amizades, mentres que ás 19.30 horas actuarán Los Brincos.

Previamente haberá un xantar popular ao que as persoas asistentes poden levar a súa propia comida ou mercar un menú composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, pan, bebida e café de pota polo prezo de 15 euros. Ademais, durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo de balde.