VENRES 7 DE XUÑO EN ORDES:
CELEBRAMOS O 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"
Actividades desde as 19:00 h., dirixidas a todo o público, nenos e maiores:
- Na alameda: Obradoiro de baile galego impartido por Helena Noya e Rocío
López, mestras da Asociación Camiño Real de Poulo.
- Obradoiro de "Enredos sonoros" impartido polo artesán Oli Xiráldez, que nos
ensinará cómo facer os nosos propios instrumentos musicais.
- Diante do Museo do Traxe, ás 20:00 h. levaránse a cabo os actos previstos para o
pasado 26 de abril e que foron suspendidos polo mal tempo. Haberá un ensaio
aberto dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras" e despois leerase
un manifiesto adicado ao Día Internacional da Danza.
- A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional encherán as rúas,
tabernas e bares de Ordes, e sobre as 12 da noite celebraremos unha
VEN TOCAR CON NÓS!
Colaboran con nós: O concello de Ordes, a Mancomunidade de municipios da
comarca de Ordes, o Museo do Traxe, a Agrupación Folclórica "Sementes da Arte",
a imprenta ESYMAR e FOTO SONIA.
Voltamos en outubro con máis "Noites e Tasca". Lumeeee!!!