11 de xuño de 2015

7º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES

ESPECIAL 7º ANIVERSARIO

VENRES 26 DE XUÑO 2015

    Un ano máis, a Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organizamos o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.

      O encargado de empezar a festa será o popular home orquestra, César Freiría, coñecido como CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00 h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.
      A partir das 19:30 h podedes apuntarvos aos Obradoiros de baile galego. Un será na Alameda, a cargo da mestra Helena Noya Ruibal, da Asociación Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo dos mestres Juan Pena e Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte.
      Ás 19:00 h:  presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE" da Editorial Canela. Será no auditorio do Museo do Traxe. Entrada gratuita. 
      E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarnos todos no Campo de Feira, Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.

VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!


Colaboran: A Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes, o     concello, ESYMAR Artes gráficas e Sastrería TANO.