
Actuarán entre outros: Os Viqueiras de Ordes, Os larpeiros de Altamira e Raúl Galego.
Haberá carne ao caldeiro para quen se queira anotar.
Dentro dos actos previos da romaxe, sairase, contra as 8 da tardiña, a procura dos santos que estarán na celebración relixiosa do día seguinte.
Este traslado faise percorrendo a parroquia de Anceis, procurando as imaxes das capelas e igrexa: San Xoán de Anceis, Santuario de Altamira e San Marco de Anceis, que logo irán nun transporte singular: ou ben nunha zorra tirada por bois, ou nun carro de mulas, ou coma nalgunha ocasión con coches de época, e sempre dun xeito lúdico, e acompañado de música.
E, á chegada ao lugar da romaría, logo de depositar as imaxes na capela de San Benito en Mercurín, farase a foliada ata que o corpo aguante.