24 de xuño de 2024

FEIRA GASTRO LEXITIMO EN A ESPERELA, PADERNE (A Coruña)

Sábado, 29 xuño 2024

A Feira GastroLexítimo xa está aquí!
Na praza da Esperela, un espazo único no que poderemos gozar do viño branco lexítimo, a gastronomía e a tradición.

Os Viqueiras de Ordes estaremos tocando polo recinto a partir das 16:30 h!





San Xoán: 25º Aniversario da Queima do Castelo de Sta. María de Arzúa

Domingo, 23 xuño 2024 


A famosa queima do castelo de Santa María no Concello de Arzúa cumpre 25 anos. 

É tradición homenaxear aos centos de peregrinos que van camiño á catedral de Santiago xa que en Arzúa conflúen o Camiño do Norte, o Francés e o Primitivo.
Este ano o peregrin elixido foi o parisino Thèo Baldvitoux, cuyo nome quedou grabado na estrela do Muro dos Luceiros e ademais tivo a honra de prenderlle lume ao gran castelo-falla, acompañado dos cofrades.
E un ano máis, Os Viqueiras de Ordes estivemos tocando ata ver raiar o sol no Castro Curbín!
FELIZ SAN XOÁN, MEIGAS FÓRA!






              O peregrin Theo Baldvitoux chegou desde París para prender lume ao Castelo. 
              O seu nome queda para sempre no Muro dos Luceiros.




18 de xuño de 2024

15 de xuño de 2024

XACARANDAINA: FOLIADA E ROMARIA DO LECER 2024

 Sábado 15 xuño 2024

          Os Viqueiras tivemos o pracer de participar na Foliada organizada pola             Asociación Cultural Xacarandaina no Parque Sta. Margarida da Coruña.




10 de xuño de 2024