30 de xuño de 2014
29 de xuño de 2014
FESTA DO RAMO EN PEREIRA (Ordes)
29-Xuño-2014
Festa do Ramo (o Función), unha tradicional festa relixiosa moi
arraigada na nosa zona e na que non poden faltar os gaiteiros.
8 de xuño de 2014
7 de xuño de 2014
28 de maio de 2014
6º Aniversario das "Noites de Tasca" en Ordes
ESPECIAL 6º ANIVERSARIO
VENRES 6 DE XUÑO
Empezaremos ás 18.30 h, na Alameda, con dous obradoiros para todo o público:
*un de baile galego impartido por HELENA NOYA RUIBAL,
mestra da Asociación CAMIÑO REAL DE POULO
* e outro de "Enredos sonoros" a cargo do músico e artesán OLI XIRÁLDEZ RIO que nos ensinará a fabricar os nosos propios instrmentos de xeito sinxelo e divertido.
Ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe:
haberá outro obradoiro de música e baile galego a cargo dos mestes
JUAN PENA e BEATRIZ GARCIA, da Asociación SEMENTES DA ARTE.
A partir das 21:30 h. ... máis de 25 grupos de música e baile repartiranse polos bares de Ordes para logo xuntarnos, a partir das 12 h da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar na cervecería ISLIA (Rúa Ramón Ferreiro, 2)
IMPORTANTE: ás 12 h da noite (No Islia) empezaremos co sorteo da gaita de Seivane e sacaránse boletos ata que aparezca o afortunado gañador.
Vide tocar con nós!!
18 de maio de 2014
Bases sorteo gaita de Seivane
O próximo venres 6 de xuño estamos de Aniversario
e para celebralo imos sortear unha gaita de Seivane.
Non te quedes sen a túa participación,
podes mercar as rifas nos seguintes establecementos de Ordes:
- CERVECERÍA ISLIA
- O NOSO LAR
-BAR PICOLIÑO
- CERVECERÍA O 27
- BAR O MERCADO
17 de maio de 2014
13 de maio de 2014
I FESTA DO BOLO PREÑADO NO BAR CORREOS (ORDES)
24º Aniversario do Bar Correos
Este venres, a partir das 23:00 h...
I FESTA DO BOLO PREÑADO
ca música dos Viqueiras de Ordes
7 de maio de 2014
XII FESTA DO PAN EN CARRAL (A Coruña)
DOMINGO 11 DE MAIO
OS VIQUEIRAS estaremos tocando pola mañá
na Festa de exaltación do pan de Carral

Máis info: Programa Festa do Pan
6 de maio de 2014
FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS
Sábado 10 de maio
As pandereteiras das Encrobas, Cerceda (A Coruña)
organizan a gran festa da pandeireta.
Alí estaremos un ano máis!
organizan a gran festa da pandeireta.
Alí estaremos un ano máis!
5 de maio de 2014
21 de abril de 2014
50ª NOITE DE TASCA en CERCEDA (A Coruña)
VENRES 2 DE MAIO
No Restaurante O PANADEIRO
(fronte ao Aquapark de Cerceda)
HOMENAXE a: Manuel Gende Lista
(Fundador do mítico cuarteto "Os de Queixas")
Acompañaránnos os grupos de música tradicional do concello de Cerceda:
PANDERETEIRAS DE RODÍS
PANDERETEIRAS DAS ENCROBAS
AGRUPACION FOLCLÓRICA SAN MARTIÑO
GRUPO NOVA XUNTANZA
e por suposto... OS QUEIXAS!
COLABORA: O concello de Cerceda e o grupo de Pandereteiras de Rodís.
E para celebrar que cumprimos as 50 Noites de Tasca imos facer un sorteo especial dunha pandeireta do OBRADOIRO MUSICAL JR:
VIDE TOCAR CON NÓS!!!
COLABORA: O concello de Cerceda e o grupo de Pandereteiras de Rodís.
E para celebrar que cumprimos as 50 Noites de Tasca imos facer un sorteo especial dunha pandeireta do OBRADOIRO MUSICAL JR:
VIDE TOCAR CON NÓS!!!
Entrevista da NosaterraTV no ano 2009 a Manuel Gende:
<
14 de abril de 2014
FESTA DO CHAMPIÑÓN 2014
EXPO-ORDES 2014
XXV DEGUSTACIÓN DO CHAMPIÑON
DOMINGO 27 de abril:
OS VIQUEIRAS estaremos tocando todo o día
polo recinto feiral e os bares de Ordes, onde o champiñón,
preparado de moitas maneras, será o prato protagonista do día.
11 de abril de 2014
9 de abril de 2014
Reapertura do Bar ZARRA en Caión (Laracha)
Este venres día 11, a partir das 20:30 h,
OS VIQUEIRAS animaremos a reapertura do Bar-Restaurante ZARRA,
no porto de Caión, ao lado da lonxa.
Tamén nos compañará a Asociación A.C. As Nadelas de Caión. FESTA RACHADA!!!
1 de abril de 2014
24 de marzo de 2014
49ª NOITE DE TASCA en Ardemil (Ordes)
Venres 4 de abril, desde as 21:30 h
Na nave situada na Cruz do Coto (fronte ao Bar Porto), en Ardemil
NOITE DE TASCA moi especial na que queremos rendir unha merecida e agarimosa homenaxe a dous veciños da parroquia de Ardemil (Ordes):
JOSÉ LÓPEZ BAO, prestixiosos artesán de gaitas e tamén gaiteiro, alcumado "o rey do si bemol", de 87 anos, e a JESÚS LOURO RAPOSO, de 92 anos, que tocou o bombo no cuarteto tradicional "Os da Fraga".
Contaremos coas actuacións dos grupos de Ordes:
A. C. Camiño Real de Poulo - A. C. Veciños de Leira,
Os Pelexos de Montaos - Embruxo Gaiteiros,
A.C. Sementes da Arte e Os Viqueiras.
Coma sempre, remataremos cunha FOLIADA con participación aberta a todos.
NON FALTEDES!
Colabora: O concello de Ordes e a Asociación Cultural CASTRO DA CROA.
20 de marzo de 2014
XVI FESTA DO LACON CON GRELOS NO MESÓN (ORDES)
O domingo 23, pola mañán, os gaiteiros estaremos percorrendo o recinto feiral.
Non vos perdades o lacón con grelos que preparan nos bares do Mesón!
17 de marzo de 2014
Colaboración no Festival Solidario A Sementeira
Domingo 16-marzo-2014
Actuación dos VIQUEIRAS DE ORDES
no Festival benéfico a favor de Cáritas, para o proxecto A Sementeira,
na Discoteca LP45 (Ordes)
na Discoteca LP45 (Ordes)
(FOTOS DE LUIS COBAS, FOTO ÓRDENES)
8 de marzo de 2014
FESTIVAL SOLIDARIO "A SEMENTEIRA"
Domingo 16 de marzo ás 18:30 h
"OS VIQUEIRAS" colaboraremos no
FESTIVAL BENÉFICO a favor de Cáritas Parroquial de Ordes,
organizado por Tania Veiras e a discoteca LP45 de Ordes.
As entradas-donativo só custan 5€ (os nenos menores de 10 anos de balde)
24 de febreiro de 2014
48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA
VENRES 7 MARZO, a partir das 21:30 h
Na Cercecería BRINCADEIRA, na praza do concello da Pontepedra-Tordoia
(tamén haberá unha Pulpeira do Carballiño)
(tamén haberá unha Pulpeira do Carballiño)
NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!
O protagonista desta noite será o grupo:
O CAPITÁN CO GHALLETO
da A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)
Despois... FOLIADA!!!
Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!
O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Javi. Combinan temas tradicionais cun toque moderno achegándose a outros rímos e sonoridades, sen afastarse nunca da tradición dos grupos de Gaitas do país. Acadarón sustanciosos premios en varios concursos salientando, un 1º e un 3º no Concurso de Música tradicional XACARANDAINA 2012, 2013, e gañadores do Certame DELOA INTERRITMOS da comarca MUROS NOIA BARBANZA, polo que gravaron un tema para o disco editado pola fundación PAIDEIA.
LUME, GAITA, PERCUSIÓN, RÍTMO, FESTA, XUVENTUDE, REBULDEIROS.....
9 de febreiro de 2014
25 de xaneiro de 2014
47ª NOITE DE TASCA en Vilarromariz, Oroso
VENRES, 7 Febreiro 2014
A partir das 21:30h, cos grupos...
de Santiago de Compostela
e
AGRUPACION FOLCLÓRICA
de Sigüeiro (Oroso)
Non faltedes!!
26 de decembro de 2013
46ª Noite de Tasca "Especial Cantos de Reis"
Venres 3 xaneiro 2014
No café-bar AS TINAXAS
nas Encrobas - Cerceda (ao lado da central térmica)
recibiremos o novo ano celebrando unha
Noite moi especial adicada aos
"CANTOS DE REIS"
unha fermosa tradición do Nadal que forma parte
do noso patrimonio cultural e que non debemos perder.
VIDE CANTAR CON NÓS!
23 de decembro de 2013
8 de decembro de 2013
Magosto popular na Pontecarreira (Frades)
Dende aquí agradecemos ao concello de Frades e a AAVV Rexente da Pontecarreira por colaborar ca "45ª Noite de Tasca" celebrada o venres , organizando un estupendo Magosto onde non faltaron as castañas asadas e uns deliciosos chocolates con churros, amenizado coa boa música da Agrupación Sarillo de Aiazo, A Gaita de Sarandón, Os Sobraos de Bergondo, o grupo tradicional D'Atura de Sada, as pandereteiras de Boimorto, etc.
Moitas gracias a todos!
28 de novembro de 2013
45 NOITE DE TASCA EN FRADES (A CORUÑA)
VENRES 6 DECEMBRO 2013 na PONTECARREIRA (FRADES)
A partir das 19:00 h...
MAGOSTO POPULAR
ROTEIRO DE GAITEIROS polos bares do centro
e despois, no BAR TAXISTA, foliada cos grupos:
Os requinteiros da Ulla, (Vedra, A Coruña)
26 de novembro de 2013
14 de novembro de 2013
FESTAS DE SAN FRANCISCO XABIER 2013
Festas na parroquia de San Francisco Xabier,
na rúa Monasterio de Bergondo (A Coruña)
OS VIQUEIRAS estaremos tocando polo barrio o
sábado 30 de novembro, domingo 1 e martes 3 de decembro,
2 de novembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









.jpg)













