23 de abril de 2015

54ª NOITE DE TASCA NA SILVA (CERCEDA)

Despois de tres meses sen "NOITES DE TASCA" por motivos familiares, OS VIQUEIRAS voltamos coa 54ª edición o próximo día...

Venres 1 de maio
Na cervexería NUEVA BROCHAS

Contamos coas actuacións de...

O gran mestre gaiteiro
GERMÁN DA SONEIRA (76 anos), 
de Ames-Bertamiráns (Santiago de Compostela)

e o grupo de folk  OS PERRECHOS de Ordes

          A cita comeza ás 21:30 h e prolongarase ata a madrugada cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados a participar.


Colaboran ca organización: 
O Concello de Cerceda, A.C. FOLQUE-RUADA da Silva
MEIGAMOURA, que sorteará un lote dos seus riquísimos produtos naturais.
VIDE TOCAR CON NÓS!

18 de abril de 2015

EXPOORDES 2015

DOMINGO 26 ABRIL 2015

XXVI FESTA DO CHAMPIÑON EN ORDES

Bares e restaurantes da zona repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este produto. En total estímanse que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen para ser degustados ao longo de todo o día por veciños e visitantes.
Ás 11 horas darán comezo as exhibicións e probas de Agility canina nas inmediacións do Campo da Feira. Outra novidade será a exhibición de vehículos de competición.
O grupo de gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, a BANDA DE MÚSICA DE ORDES e as charangas NBA e MEKÁNICA animarán a festa durante todo o día.


13 de abril de 2015

FESTA DA PANDEIRETA 2015 EN CERCEDA

Sábado 18 de abril 2015 
nas ENCROBAS (Cerceda, A Coruña)

Ás 14:30 h: Xantar de confraternidade

A partir das 18:00 h.: Actuación dos grupos


Organiza: Asociación de Mulleres Rurais A XUNGUEIRA DAS ENCROBAS


5 de abril de 2015

FESTA DA GAITA E CANTOS DE TABERNA EN ARZÚA (A CORUÑA)

Sábado 11 de abril 2015

12:15 h. Pasarrúas
13:00 h:  Homenaxe a "OS ROMÁNS" de Brates
Ás 15:30 h: Xantar de confraternidade no multiusos
A partir das 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares 



25 de febreiro de 2015

FESTA DE ENTROIDO NAS OLIVEIRAS

VENRES 6 DE MARZO
FESTA DE ENTROIDO
Na cervecería AS OLIVEIRAS
(Lg. Canedo, Ctra. N. 550, Km 25, ORDES-A Coruña)



24 de febreiro de 2015

10 de febreiro de 2015

Pasamento de Manuel Viqueira Vieites

Hoxe martes despediremos ao noso pai e fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes.
Ás 18:00 horas oficiarase a misa  no Tanatorio Municipal do Balado e a continuación será enterrado no cemiterio municipal do Piñeiro (Ordes)
Como non podía ser doutro xeito, as gaitas tocarán esta tarde na súa honra.
Toda a familia Viqueira-Noya quere expresar desde aquí a máis sentida gratitude polas vosas condolencias, mensaxes e visitas recibidas desde onte. Moitísimas grazas a todos.

D.E.P. GAITEIRO DE VILAVERDE.-Gracias por transmitirnos a paixón pola música tradicional. O teu recordo estará sempre nos nosos corazóns e o teu legado musical estará sempre vivo. Querémoste.



27 de decembro de 2014

53ª NOITE DE TASCA en Tordoia (A Coruña)

VENRES 2 DE XANEIRO, a partir das 21:30 h
No bar CALVIÑO
(Rúa do Emigrante, nº 8, Pontepedra-Tordoia)
Noite especial adicada aos fermosos e tradicionais 
cantos de Nadal e cantares de Reis
VIDE CANTAR CON NÓS!


23º CONCERTO DE NADAL na Casa da Cultura de Ordes
OS VIQUEIRAS coa BANDA DE ORDES

16 de decembro de 2014

23º CONCERTO DE NADAL

A Asociación Cultural AMIGOS DA MÚSICA organiza
 en colaboración co Concello de Ordes, 
o CONCERTO DE NADAL 2014. 
O sábado 27, a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura 
de Ordes poderedes asistir as actuacións dos grupos:
RITMO GALEGO
OS VIQUEIRAS
CORAL POLIFÓNICA EUMESA
BANDA DE ORDES


23 de novembro de 2014

FESTAS DE SAN FRANCISCO XAVIER 2014

Festa da parroquia de San Francisco Xabier, 
na rúa Monasterio de Bergondo (A Coruña)
SÁBADO 6 DECEMBRO:
PASARRÚAS A CARGO DOS VIQUEIRAS


30 de outubro de 2014

52ª NOITE DE TASCA EN TRAZO (A CORUÑA)

Venres 7 de novembro, a partir das 21:30 h
Na cervexería O BARRIL en Campo (Trazo)
Cos grupos:
e

Ademáis rendirémoslle unha merecida homenaxe ao mestre gaiteiro "Mariano", de 87 anos, que foi o primeiro director da agrupación dos Xeitosos durante 25 anos.

E despois FOLIADA para que participedes todos.
Non faltedes!!!

Colabora coa organización:  
O Concello de Trazo, Os Xeitosos de Trazo e Meigamoura.

12 de outubro de 2014

6 de outubro de 2014

FESTAS DO PILAR NO BARRIO DO VENTORRILLO (A CORUÑA)

VENRES 10:
10:00 h. DIANAS E ALBORADAS A CARGO DOS VIQUEIRAS

DOMINGO 12:
10:00 h  DIANAS E ALBORADAS
13:00 h PROCESIÓN POLAS RÚAS DO BARRIO


29 de setembro de 2014

24 de setembro de 2014

51ª NOITE DE TASCA EN OROSO (A CORUÑA)

Empezamos ca 7ª tempada das
 "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes. 
Venres 3 de outubro
na Cafetería CHE (Avd. de Compostela, 26)
en Sigüeiro - Oroso
Ca presenza do grupo:
E a Agrupación Folclórica 

E despois, coma sempre, FOLIADA 
VIDE TOCAR CON NÓS!

21 de agosto de 2014

FESTAS DO SOCORRO en CARRAL (A Coruña)

Días 5, 6 e 7 de setembro
Dianas e alboradas con OS VIQUEIRAS 
Organiza: Comisión da Asociación Cultural Festas do Socorro 2014


E o luns día 8, pola tarde:
FESTA DA EMPANADA 
E DO FOLKLORE GALEGO:


17 de agosto de 2014

ORDES AO SERÁN 2014

Venres día 22, de 20:00 a 21:00 h,
concerto dos VIQUEIRAS DE ORDES diante 
Antes podedes visitar o Museo gratuitamente.


2 de agosto de 2014

FESTAS PATRONAIS DE ORDES 2014

Venres 15 de agosto:
OS VIQUEIRAS DE ORDES e CABEZUDOS
Sábado 16 DIA DO EMIGRANTE:
ESPADANA GAITEIROS e 
Domingo 17:
Percorrido de gaiteiros polas parroquias de Ordes



11 de xullo de 2014

FESTA DE SAN CRISTOVO 2014

DOMINGO DIA 13
Os Viqueiras acompañaremos a procesión de
 vehículos engalanados polas rúas da Silva (Cerceda)



5 de xullo de 2014

II FESTIVAL FOLCLÓRICO "PASEO DO CARBOEIRO"

Sábado 12 de xullo, ás 18:00 h
 2ª edición do Festival Folclórico "Paseo do Carboeiro" en Sigüeiro (Oroso)
Actuación dos grupos: 
Lembranzas do Tambre, Néboas no cumio, Sementes da Arte, Vive lo nuestro" de Badajoz e Agrupación Agrocovo de Esteiro (Muros)
Ao rematar as actuacións, haberá unha gran Foliada.





4 de xullo de 2014

"ORDES AO SERÁN 2014"

Este venres día 11 de xullo, ás 21:00 h.
Actuación da Agrupación Folclórica:
"NÉBOAS NO CUMIO" de Sigüeiro (Oroso)
O Museo do Traxe ofrecerá unha xornada de portas abertas, con entrada de balde,       dende as 17:00 h ata a hora de comezo do espectáculo.