HOMENAXE A MANUEL VIQUEIRA , Gaiteiro de Vilaverde.
7 de xullo de 2015
27 de xuño de 2015
26 de xuño de 2015
23 de xuño de 2015
11 de xuño de 2015
7º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES
ESPECIAL 7º ANIVERSARIO
VENRES 26 DE XUÑO 2015
Un ano máis, a Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organizamos o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.
O encargado de empezar a festa será o popular home orquestra, César Freiría, coñecido como CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00 h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.
A partir das 19:30 h podedes apuntarvos aos Obradoiros de baile galego. Un será na Alameda, a cargo da mestra Helena Noya Ruibal, da Asociación Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo dos mestres Juan Pena e Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte.
Ás 19:00 h: presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE" da Editorial Canela. Será no auditorio do Museo do Traxe. Entrada gratuita.
E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarnos todos no Campo de Feira, Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.
VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!
Colaboran: A Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes, o concello, ESYMAR Artes gráficas e Sastrería TANO.
10 de xuño de 2015
9 de xuño de 2015
21 de maio de 2015
FESTA no "Coffee Mundito" en Ordes
SÁBADO 23 DE MAIO
A partir das 13:00 h
Xantar típico no Coffee Mundito (Rúa Mundito, 11 Bajo)
amenizado pola música tradicional dos Viqueiras
18 de maio de 2015
Concertos didácticos de música tradicional
Concertos didácticos nas escolas co espectáculo
"O gaiteiro cabezudo"
O pasado día 15 celebramos o Día das Letras Galegas no CEIP
MESON DO VENTO e pasámolo xenial cos rapaces, os pais e os mestres.
MESON DO VENTO e pasámolo xenial cos rapaces, os pais e os mestres.
23 de abril de 2015
54ª NOITE DE TASCA NA SILVA (CERCEDA)
Despois de tres meses sen "NOITES DE TASCA" por motivos familiares, OS VIQUEIRAS voltamos coa 54ª edición o próximo día...
Venres 1 de maio
Na cervexería NUEVA BROCHAS
Contamos coas actuacións de...
O gran mestre gaiteiro
GERMÁN DA SONEIRA (76 anos),
de Ames-Bertamiráns (Santiago de Compostela)
e o grupo de folk OS PERRECHOS de Ordes
A cita comeza ás 21:30 h e prolongarase ata a madrugada cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados a participar.

Colaboran ca organización:
O Concello de Cerceda, a A.C. FOLQUE-RUADA da Silva
e MEIGAMOURA, que sorteará un lote dos seus riquísimos produtos naturais.
VIDE TOCAR CON NÓS!
18 de abril de 2015
EXPOORDES 2015
DOMINGO 26 ABRIL 2015
XXVI FESTA DO CHAMPIÑON EN ORDES
Bares e restaurantes da zona repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este produto. En total estímanse que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen para ser degustados ao longo de todo o día por veciños e visitantes.
Ás 11 horas darán comezo as exhibicións e probas de Agility canina nas inmediacións do Campo da Feira. Outra novidade será a exhibición de vehículos de competición.
O grupo de gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, a BANDA DE MÚSICA DE ORDES e as charangas NBA e MEKÁNICA animarán a festa durante todo o día.
13 de abril de 2015
FESTA DA PANDEIRETA 2015 EN CERCEDA
Sábado 18 de abril 2015
nas ENCROBAS (Cerceda, A Coruña)
Ás 14:30 h: Xantar de confraternidade
A partir das 18:00 h.: Actuación dos grupos
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais A XUNGUEIRA DAS ENCROBAS
6 de abril de 2015
5 de abril de 2015
FESTA DA GAITA E CANTOS DE TABERNA EN ARZÚA (A CORUÑA)
Sábado 11 de abril 2015
12:15 h. Pasarrúas
13:00 h: Homenaxe a "OS ROMÁNS" de Brates
Ás 15:30 h: Xantar de confraternidade no multiusos
A partir das 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares
26 de febreiro de 2015
25 de febreiro de 2015
FESTA DE ENTROIDO NAS OLIVEIRAS
VENRES 6 DE MARZO
FESTA DE ENTROIDO
Na cervecería AS OLIVEIRAS
(Lg. Canedo, Ctra. N. 550, Km 25, ORDES-A Coruña)
24 de febreiro de 2015
10 de febreiro de 2015
Pasamento de Manuel Viqueira Vieites
Hoxe martes despediremos ao noso pai e fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes.
Ás 18:00 horas oficiarase a misa no Tanatorio Municipal do Balado e a continuación será enterrado no cemiterio municipal do Piñeiro (Ordes)
Como non podía ser doutro xeito, as gaitas tocarán esta tarde na súa honra.
Toda a familia Viqueira-Noya quere expresar desde aquí a máis sentida gratitude polas vosas condolencias, mensaxes e visitas recibidas desde onte. Moitísimas grazas a todos.
D.E.P. GAITEIRO DE VILAVERDE.-Gracias por transmitirnos a paixón pola música tradicional. O teu recordo estará sempre nos nosos corazóns e o teu legado musical estará sempre vivo. Querémoste.
Ás 18:00 horas oficiarase a misa no Tanatorio Municipal do Balado e a continuación será enterrado no cemiterio municipal do Piñeiro (Ordes)
Como non podía ser doutro xeito, as gaitas tocarán esta tarde na súa honra.
Toda a familia Viqueira-Noya quere expresar desde aquí a máis sentida gratitude polas vosas condolencias, mensaxes e visitas recibidas desde onte. Moitísimas grazas a todos.D.E.P. GAITEIRO DE VILAVERDE.-Gracias por transmitirnos a paixón pola música tradicional. O teu recordo estará sempre nos nosos corazóns e o teu legado musical estará sempre vivo. Querémoste.
4 de febreiro de 2015
27 de decembro de 2014
53ª NOITE DE TASCA en Tordoia (A Coruña)
VENRES 2 DE XANEIRO, a partir das 21:30 h
No bar CALVIÑO
(Rúa do Emigrante, nº 8, Pontepedra-Tordoia)
Noite especial adicada aos fermosos e tradicionais
cantos de Nadal e cantares de Reis
VIDE CANTAR CON NÓS!
22 de decembro de 2014
16 de decembro de 2014
23º CONCERTO DE NADAL
A Asociación Cultural AMIGOS DA MÚSICA organiza
en colaboración co Concello de Ordes,
o CONCERTO DE NADAL 2014.
O sábado 27, a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura
de Ordes poderedes asistir as actuacións dos grupos:
de Ordes poderedes asistir as actuacións dos grupos:
RITMO GALEGO
OS VIQUEIRAS
CORAL POLIFÓNICA EUMESA
BANDA DE ORDES
6 de decembro de 2014
23 de novembro de 2014
FESTAS DE SAN FRANCISCO XAVIER 2014
Festa da parroquia de San Francisco Xabier,
na rúa Monasterio de Bergondo (A Coruña)
SÁBADO 6 DECEMBRO:
PASARRÚAS A CARGO DOS VIQUEIRAS
22 de novembro de 2014
30 de outubro de 2014
52ª NOITE DE TASCA EN TRAZO (A CORUÑA)
Venres 7 de novembro, a partir das 21:30 h
Na cervexería O BARRIL en Campo (Trazo)
Cos grupos:
e
Ademáis rendirémoslle unha merecida homenaxe ao mestre gaiteiro "Mariano", de 87 anos, que foi o primeiro director da agrupación dos Xeitosos durante 25 anos.
E despois FOLIADA para que participedes todos.
Non faltedes!!!
Colabora coa organización:
O Concello de Trazo, Os Xeitosos de Trazo e Meigamoura.
12 de outubro de 2014
6 de outubro de 2014
FESTAS DO PILAR NO BARRIO DO VENTORRILLO (A CORUÑA)
VENRES 10:
10:00 h. DIANAS E ALBORADAS A CARGO DOS VIQUEIRAS
DOMINGO 12:
10:00 h DIANAS E ALBORADAS
13:00 h PROCESIÓN POLAS RÚAS DO BARRIO
Organiza: Asociación de Vecinos del Ventorrillo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























