22 de xullo de 2024

24 de xuño de 2024

FEIRA GASTRO LEXITIMO EN A ESPERELA, PADERNE (A Coruña)

Sábado, 29 xuño 2024

A Feira GastroLexítimo xa está aquí!
Na praza da Esperela, un espazo único no que poderemos gozar do viño branco lexítimo, a gastronomía e a tradición.

Os Viqueiras de Ordes estaremos tocando polo recinto a partir das 16:30 h!





San Xoán: 25º Aniversario da Queima do Castelo de Sta. María de Arzúa

Domingo, 23 xuño 2024 


A famosa queima do castelo de Santa María no Concello de Arzúa cumpre 25 anos. 

É tradición homenaxear aos centos de peregrinos que van camiño á catedral de Santiago xa que en Arzúa conflúen o Camiño do Norte, o Francés e o Primitivo.
Este ano o peregrin elixido foi o parisino Thèo Baldvitoux, cuyo nome quedou grabado na estrela do Muro dos Luceiros e ademais tivo a honra de prenderlle lume ao gran castelo-falla, acompañado dos cofrades.
E un ano máis, Os Viqueiras de Ordes estivemos tocando ata ver raiar o sol no Castro Curbín!
FELIZ SAN XOÁN, MEIGAS FÓRA!






              O peregrin Theo Baldvitoux chegou desde París para prender lume ao Castelo. 
              O seu nome queda para sempre no Muro dos Luceiros.




18 de xuño de 2024

15 de xuño de 2024

XACARANDAINA: FOLIADA E ROMARIA DO LECER 2024

 Sábado 15 xuño 2024

          Os Viqueiras tivemos o pracer de participar na Foliada organizada pola             Asociación Cultural Xacarandaina no Parque Sta. Margarida da Coruña.




10 de xuño de 2024

30 de maio de 2024

FESTA DOS PORCOS (A Coruña)

 Venres 8 xuño 2024

Na Praza da Tolerancia da Coruña, ao carón da escola de Náutica.

Sesión vermú, concerto dos Viqueiras, a partir das 12 h.


14 de maio de 2024

Festas de San Isidro en Bugallido (Ames)

                                                    Domingo, 19 maio 2024

Sesión vermú cos Viqueiras de Ordes




13 de maio de 2024

XVI ANIVERSARIO DA PARROQUIA DOS ROSALES (A CORUÑA)

 Venres, 17 maio 2024

Pasarrúas e concerto dos Viqueiras na praza 

de Ntra. Sra. dos Rosales (A Coruña)




2 de marzo de 2024

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

 Domingo, 3 marzo 2024, de 10:30 a 12:30 h.

Desfile de Gaiteiros e Cabezudos polas rúas e recinto feiral





1 de marzo de 2024

ACTUACION NO PROGRAMA LUAR DA TVG

 O venres 1 de marzo estivemos no Luar acompañados de catro dos nosos 

cabezudos bailaríns, co gran King África e un público entregado que bailou 

con nós a "Muiñeira de Eduardo Veiras" e "O conexiño", do disco Vilaverde.

Manuel e Amaya Viqueira, Alex Fente, Fernando Hernanz e Ramón Dopico



Os cabezudos bailadores: Raquel e Andrea Varela, Mario Figueira e Alberte Díaz.