26 de decembro de 2013

46ª Noite de Tasca "Especial Cantos de Reis"

Venres 3 xaneiro 2014

No café-bar AS TINAXAS
nas Encrobas - Cerceda (ao lado da central térmica)
recibiremos o novo ano celebrando unha 
Noite moi especial adicada aos
 "CANTOS DE REIS"
unha fermosa tradición do Nadal que forma parte 
do noso patrimonio cultural e que non debemos perder.
VIDE CANTAR CON NÓS!

8 de decembro de 2013

Magosto popular na Pontecarreira (Frades)

Dende aquí agradecemos ao concello de Frades e a AAVV Rexente da Pontecarreira por colaborar ca "45ª Noite de Tasca" celebrada o venres , organizando un  estupendo Magosto onde non faltaron as castañas asadas e uns deliciosos chocolates con churros, amenizado coa boa música da Agrupación Sarillo de Aiazo, A Gaita de Sarandón, Os Sobraos de Bergondo, o grupo tradicional D'Atura de Sada, as pandereteiras de Boimorto, etc. 
                                                           Moitas gracias a todos!

28 de novembro de 2013

45 NOITE DE TASCA EN FRADES (A CORUÑA)

VENRES 6 DECEMBRO 2013 na PONTECARREIRA (FRADES)
A partir das 19:00 h...
MAGOSTO POPULAR  
ROTEIRO DE GAITEIROS polos bares do centro
e despois, no BAR TAXISTA, foliada cos grupos:

 Os requinteiros da Ulla, (Vedra, A Coruña)
(Bergondo, A Coruña)

Ca colaboración do concello de Frades, a Agrupación Folclórica 
SARILLO DE AIAZO e a AAVV REXENTE da Pontecarreira

14 de novembro de 2013

FESTAS DE SAN FRANCISCO XABIER 2013

Festas na parroquia de San Francisco Xabier,
na rúa Monasterio de Bergondo (A Coruña) 
 OS VIQUEIRAS estaremos tocando polo barrio o 
sábado 30 de novembro, domingo 1 e martes 3 de decembro,

17 de outubro de 2013

44ª NOITE DE TASCA EN OROSO

Venres 1 de novembro 2013
Na cafetería CHE, en Sigüeiro (Oroso)
O protagonista desta Noite será o grupo de Redondela:
Colabora: a Asociación LEMBRANZAS DO TAMBRE
VIDE TOCAR CON NÓS!!

15 de outubro de 2013

ESPAZO ACTIVO DA ULLA -"PASABODEGAS" 2013

Días 26 e 27 de outubro
Non vos perdades o "Pasabodeghas" deste ano.
Os Viqueiras estaremos o domingo no Xantar-Foliada!


13 de outubro de 2013

FESTAS DO PILAR 2013 en A Coruña

Gracias á comisión de festas e aos veciños do barrio 
do Ventorrillo por facer grandes estas festas.





9 de outubro de 2013

FESTAS DO PILAR 2013

FESTAS DO PILAR NO VENTORRILLO (A CORUÑA)
Días 11, 12 e 13, pasarrúas a cargo dos VIQUEIRAS

20 de setembro de 2013

43ª NOITE DE TASCA EN TORDOIA

Arranca a 6ª tempada das "NOITES DE TASCA",
 como sabedes, sempre o primeiro venres de cada mes, de outubo a xuño, 
en distintos lugares da comarca de Ordes.
Día 4 , a partir das 21:30 h
no BAR LEO
na Tarroeira, Castenda da Torre (Tordoia)
co grupo

  VIDE TOCAR Á FOLIADA!  NON FALTEDES!
Colabora con nós: O concello de Tordoia e a Comisión de Festas de Castenda da Torre.

4 de setembro de 2013

FESTAS DO SOCORRO 2013

Venres, sábado e domingo, Dianas e Alboradas nas Festas do Socorro en Carral


12 de agosto de 2013

FESTAS EN CASTENDA- TORDOIA (A Coruña)

FESTAS EN CASTENDA
VENRES 16 DE AGOSTO
A partir das 14:00 h, sesión vermú con
OS VIQUEIRAS DE ORDES


1 de agosto de 2013

FESTAS PATRONAIS DE ORDES 2013

Xoves 15 de agosto:  
ESPADANA GAITEIROS E CABEZUDOS polas rúas de Ordes
Venres 16 de agosto:
OS VIQUEIRAS e a BANDA DE MUSICA DE ORDES, no día do emigrante



 
 
      ESPADANA GAITEIROS E CABEZUDOS

26 de xullo de 2013

XXX FESTA DA CARBALLEIRA DE ZÁS

SÁBADO 3 DE AGOSTO
OS VIQUEIRAS DE ORDES na Festa da Carballeira


Este ano o festival estírase á noite do venres 2 de agosto, con bandas como os ferrolanos amigos da gaita Saldos Negativos, os costarricenenses celtas Peregrino Gris ou Tarará Trío.

O día grande, o sábado 3 de agosto comezará pola tarde coa tradición demostración de baile da organizadora A.C. Castro Meda, ademais da Banda de gaitas Estivada de Calo.
Pola noite, abrirá o cartel Os Viqueiras de Ordes, e pasarán polo escenario o vasco Xabi Aburruzaga (como responden sempre os artistas euskaldunes na carballeira!), os galegos Berrogüeto, o escocés Rua Macmillan e os aragoneses Lurte.

25 de xullo de 2013

TRAXEDIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

24/07/2013

O noso máis sentido pésame aos familiares das victimas mortais no sinistro ferroviario
ocurrido onte en Santiago. Aos feridos desexámoslles unha pronta recuperación .
Hoxe, día grande de Galicia é un día moi triste para todos.

13 de xullo de 2013

ROMARÍA DE SAN BIEITO GRANDE en Anceis (A Coruña)

Mércores 24 e xoves 25, OS VIQUEIRAS DE ORDES,
un ano máis, na Romaría de Anceis

Jueves 11 de Julio, durante esta jornada se celebrarán misas a las desde las 09.00 horas hasta las 13.00 horas y a las 20:00 horas, en honor a San Benito Pequeño. A las 19:00 horas todos los asistentes disfrutarán de una Gran Sardinada popular, amenizada por la charanga Ruada

Miércoles 24, comienza la jornada a partir de las 20.00 horas, con el traslado en carros tirados por caballos y encuentro de las imágenes de la iglesia de San Xoán de AnceisSantuario de Altamira San Marcos de Anceis, que se reunirán en la capilla de San Benito en Mercurin. Acompañará a la procesión un grupo de gaitas y a partir de las 22.00 horas dará comienzo la II Xuntanza de Gaiteiros. Al mismo tiempo todos los asistentes podrán degustar Carne ao Caldeiro, en el recinto de la fiesta cubierto por una carpa.

Jueves 25, comienza la jornada festiva con dianas y alboradas a cargo del grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes  Os da Veira do Monte de Vilaboa. Durante la jornada matutina se llevarán a cabo los actos religiosos con la oración de misas cada hora desde las 9.00 horas hasta las 13.00 horas.
A las 14.00 horas, sesión vermú con baile y comida campestre con churrasco, pulpo, carne o caldeiro. Llegada la tarde, a partir de las 18.00 horas, verbena a cargo del solista Ríos que pondrá fin a estas fiestas.
    TRASLADO DAS IMAXES EN CARROS DE CABALOS

XUNTANZA DE GAITEIROS NA PROCESIÓN

7 de xullo de 2013

FESTAS DO CARME EN ARZÚA

LUNS 15 DE XULLO ás 12:00 h

A nosa formación ESPADANA GAITEIROS cos cabezudos 
de pasarrúas nas Festas do Carme de Arzúa.

 Gaiteiros e Cabezudos nas Festas do Carme 2013, Arzúa

28 de xuño de 2013

VENRESPIRAR-Ourense

VENRES 5 DE XULLO
OS VIQUEIRAS temos a honra de participar no último "VenRespirar
 desta tempada en Ourense.

 Programa:

Na esplanada do bar "A Efémera" - frente ó Auditorio municipal


- Ás 20:00 h: VENRESPIRIÑO, obradoiro infantil de baile tradicional galego 

          - A partires das 22:30 h VENRESPIRAR:

Nas músicas: OS VIQUEIRAS + AOFTOU- GOMES MOURO + espontáneos/as

No baile: BEA DÍAZ (Bailadora e mestra de baile tradicional en diferentes escolas do pais)

Colabora: Rebulir+ Tempos de lecer Ourense+ A Efémera



22 de xuño de 2013

Romaría de SAN XOÁN DO COTO en Cesuras

                 E despois de saltar as cacharelas e lavar a cara coas herbas de San Xoán, 
imos á festa de San Xoán do Coto, na parroquia de Paderne, en Cesuras. 
Alí tocaremos a partir das 12 do mediodía.


21 de xuño de 2013

"Queima do castelo" en Arzúa (A Coruña)

Domingo día 23, NOITE MEIGA
a partir das 10 da noite
 "Os Viqueiras" na festa de San Xoán de 
           Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular                   "Queima do castelo" .

            Na noite do 23 de xuño a parroquia de Santa María de Arzúa festexa o San Xoán dun xeito moi especial.
             Os confrades da Orde Caldaria recollen no albergue ao último peregrino que chega a Arzúa ese día. Esta será a persoa homenaxeada esa noite e a encargada de prender lume a un castelo medieval construido para a ocasion. Logo dos rituais, da queimada e da troula os veciños e confrades pasan a noite espertos para recibir a chegada do amencer no Castro Curbín, tomando "caldo en cunca" para recuperar as forzas e aguantar ata que, cos primeiros raios de sol, lavan a cara coa auga de San Xoán. 

Organiza:  A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.

26 de maio de 2013

ESPECIAL "NOITES DE TASCA" en Ordes

VENRES 7 DE XUÑO EN ORDES:

CELEBRAMOS O 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"

Actividades desde as 19:00 h., dirixidas a todo o público, nenos e maiores:

                      - Na alameda:  Obradoiro de baile galego impartido por Helena Noya e Rocío 
                        López, mestras da Asociación Camiño Real de Poulo.
                      - Obradoiro de "Enredos sonoros" impartido polo artesán Oli Xiráldez, que nos
                         ensinará cómo facer os nosos propios instrumentos musicais.

                    - Diante do Museo do Traxe, ás 20:00 h. levaránse a cabo os actos previstos para o
                     pasado 26 de abril e que foron suspendidos polo mal tempo. Haberá un ensaio 
                     aberto dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras" e despois leerase 
                     un  manifiesto adicado ao Día Internacional da Danza.

- A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional encherán as rúas, 
tabernas e bares de Ordes,  e sobre as 12 da noite celebraremos unha 
gran FOLIADA na praza xunto a cervecería ISLIA.

VEN TOCAR CON NÓS!
        
Colaboran con nós:  O concello de Ordes, a Mancomunidade de municipios da 
comarca de Ordes, o Museo do Traxe, a Agrupación Folclórica "Sementes da Arte",   
a imprenta ESYMAR e FOTO SONIA.

Voltamos en outubro con máis "Noites e Tasca".  Lumeeee!!!

24 de maio de 2013

GAITEIROS E CABEZUDOS NO "LUAR"


     “Os Viqueiras de Ordes” decidimos incorporar a figura entrañable dos cabezudos nalgunhas das nosas actuacións, para non perder esta tradición tan popular.
      Case todos temos moi gratos recordos da infancia, dos desfíles de Xigantes e Cabezudos bailando nas festas. Eses cabezudos simpáticos coma o pallaso ou feos coma o demo, que perseguían á xente, facían trasnadas e asustaban a case todos os nenos e para despois regalarlles globos ou caramelos.
     Gaiteiros e Cabezudos, boa combinación para animar máis as festas!
                                        
             Actuación dos Viqueiras acompañados dos cabezudos no programa LUAR da TVG.    
24-maio-2013    

29 de abril de 2013

42ª NOITE DE TASCA en Cerceda (A Coruña)

VENRES 3 DE MAIO
No  Restaurante O PANADEIRO  (fronte ao Aquapark)
O protagonista desta noite será o grupo:
e máis a ...
AGRUPACION "SAN MARTIÑO DE CERCEDA"
 e despois...  FOLIADA!!


28 de abril de 2013

Os Viqueiras cos cabezudos en Expoordes 2013

Hoxe estreamos a nova formación dos Viqueiras: Grupo de gaitas máis catro cabezudos que asustaron a algúns nenos, fixeron rir a outros, repartiron moitos globos e caramelos e bailaron coa xente que visitaba Expoordes e a Festa do Champiñón.

23 de abril de 2013

VI FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS

Sábado 27 de abril: 
FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS (CERCEDA)
Xantar de confraternidade ás 14:30 h
E pola tarde, a partir das  18:00 h, actuacións dos grupos. Non faltedes!


22 de abril de 2013