Tralo verán, volve a 3ª tempada das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes,
que agora serán sempre o 1º venres de cada mes, de outubro a xuño do 2011.
Este mes temos como convidado especial ao mestre D. FAUSTINO SEOANE,
Gaiteiro de Santa María de Arzúa, en plena forma aos seus 84 anos.
Despois, coma sempre haberá FOLIADA, e como novedade, comezamos un
"Concurso de Aturuxos" con 6 eliminatorias. Cada mes iranse preseleccionando
os mellores para competir na Final que será en maio do 2011 en Cerceda, onde se
elixirá ao "Mellor botador de aturuxos das Noites de Tasca".