A biblioteca municipal de Ordes continúa co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que moitos nenos dos colexios da zona manteñen un encontro ou toma de contacto con persoerios e profesionais de distinta índole.
Nesta ocasión os convidados fomos
Manuel Viqueira e Roberto Caridad, do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Alí mostrámoslles os instrumentos
tradicionais máis coñecidos como a gaita, o tambor, a pandeireta e o bombo, e explicamoslles qué materiais e partes os compoñen, tamén aprenderon cousas sobre a vestimenta tradicional, as pezas máis representativas... En fin, todo un pracer compartir a nosa música con estes rapaces e as súas mestras.

