
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estan a organizar para o 24 de febreiro a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fan un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.
Se es un gaiteir@, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra).
Máis info: ALBORADA PARA ROSALIA
OS VIQUEIRAS estaremos tocando o domingo 24 na Alameda de Ordes,
ás 11:00 h.