16 de setembro de 2020

PASARRUAS NA "SEMANA DA MOVILIDADE" NA CORUÑA

O Instituto Municipal Coruña Espectáculos, IMCE, súmase á Semana da Mobilidade cun programa de pasacalles que encherá de sons e cor as rúas que o concello peonalizou recentemente. Os pasacalles son unha pequena mostra da nova vida que cobran estas rúas que agora poden acoller novas actividades, formas de vida e dinámicas sociais que responden ao proxecto de cidade que quere desenvolver o Goberno local. O concello busca recuperar espazos para o goce da veciñanza e aposta por unha mobilidade vinculada aos novos espazos abertos que favorecen o encontro e a convivencia.
 
 PROGRAMA:
 
Venres 18

18.00 horas. Rúa Alcalde Marchesi. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ
20.00 horas. Rúa Alcalde Marchesi. ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA

Sábado 19

12.00 horas. Rúa Compostela. CÁNTIGAS DA TERRA
18.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE
20.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ

Domingo 20

12.00 horas. Rúa Emilia Pardo Bazán. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS
12.00 horas. Rúa Compostela. AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA ATURUXO
18.00 horas. Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ
20.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS

Martes 22

16.30 horas. Rúa Santo André: OS VIQUEIRAS, GAITEIROS E CABEZUDOS
17.00 horas Rúa Santo André. AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA GAITEIRIÑOS
18.00 horas. Rúa Santo André. ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE
18.30 horas. Rúa Santo André. PASACALLE MODERNISTA
19.30 horas. Rúa Santo André. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS