LUGO, 11-Outubro-2020
A Asociación de Gaiteiros Galeg@s organiza, co patrocinio do Concello de Lugo, a XXII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, que contará coas actuacións de 16 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiras, requinteiros, murgas, etc..) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.