23 de xuño de 2025

NOITE DE SAN XOÁN en ARZÚA - QUEIMA DO CASTELO

Luns, 23 xuño 2025

Unha noite máis Os Viqueiras de Ordes estivemos celebrando a festa de San Xoán cos veciños de Santa María de Arzúa, que con moito traballo e ilusión fan posible a construción deste fermoso castelo-falla, unha tradición desde hai 26 anos.

A peregrina elexida este ano para prender o lume xunto cos cofrades foi a estadounidense Laurie, que quedou para sempre gravada nunha estrela no muro dos luceiros.

                                           FELIZ NOITE MÁXICA e                                                                                     "Que nunca falte unha fogueira que saltar nin un desexo que pedir".



Organiza: A.VV O Cruceiro de Sta. María de Arzúa

https://www.facebook.com/castelosanxoan