Os Viqueiras de Ordes uníronse ao chamamento da Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteiros Galegos para saír á rúa e rendirlle homenaxe á Rosalía, coincidindo co 176 aniversario do seu necemento e o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos.
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estan a organizar para o 24 de febreiro a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fan un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra. Se es un gaiteir@, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra). Máis info: ALBORADA PARA ROSALIA
OS VIQUEIRAS estaremos tocando o domingo 24 na Alameda de Ordes, ás 11:00 h.
Xoves 13 20 h.- O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación. Charla por Cástor Castro Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices. Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido
Venres 14 19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando. Gratuito, prazas limitadas
Sábado 15 Mañá 10-14 h Curso de técnicas de gaita de fol. Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas, (continúa de 16:00 a 18:00) 11 a 13 h Taller de xoguetes musicais. A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.
Tarde 17 h Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz. Cos temas do libro-disco infantil 18 h ACTO DE HOMENAXE:
A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa Galega ou birimbao .
Ca actuación de Os Amigos da Gaita A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas
19-21h Concertos: DE PÉ FEITO Agrupación tradicional OS VIQUEIRAS DE ORDES 22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz)
VENRES 7 de decembro, a partir das 21:30 h MAGOSTO POPULAR
Diante do Local Social da Asociación de Veciños "San Cristóbal de Xavestre" en el lugar de Xixirei-Xavestre, TRAZO (Carretera Ordes- Santiago por Ponte Albar)
Ca actuación das pandereteiras e o grupo da A.C. ROSALÍA DE CASTRO de Cacheiras-Teo (A Coruña)
Colabora con nós: O Concello de Trazo e a AAVV San Cristóbal de Xavestre
O martes 24, vispera de festivo, no lugar de Mercurín, no campo de San Benito, celebrarase a Romaxe para o día 25. Haberá unha FOLIADA gaiteira promocionada pola organziación da romaría.
Actuarán entre outros: Os Viqueiras de Ordes, Os larpeiros de Altamira e Raúl Galego.
Haberá carne ao caldeiro para quen se queira anotar.
Dentro dos actos previos da romaxe, sairase, contra as 8 da tardiña, a procura dos santos que estarán na celebración relixiosa do día seguinte.
Este traslado faise percorrendo a parroquia de Anceis, procurando as imaxes das capelas e igrexa: San Xoán de Anceis, Santuario de Altamira e San Marco de Anceis, que logo irán nun transporte singular: ou ben nunha zorra tirada por bois, ou nun carro de mulas, ou coma nalgunha ocasión con coches de época, e sempre dun xeito lúdico, e acompañado de música.
E, á chegada ao lugar da romaría, logo de depositar as imaxes na capela de San Benito en Mercurín, farase a foliada ata que o corpo aguante.
As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes"cumpren 4 anos e celebrarémolo o venres 1 de xuño na vila de Ordes con moitas actividades:
A partir das 19:00 h:
Impartiránse dous "Obradoiros de Baile Galego": Un no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, dirixido porJuan PenaeBeatriz García(membros da A.F. Sementes do Arte) e outro na Alameda, dirixido por Helena Noya e Rocío López(da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo), para público de todas as idades.
Ás 20:30 h:
No salón de actos do Museo do Traxe, terá lugar a presentación doprimeiro tomo da colección "Tradición Oral", serie "Música" da Editorial Canela, no que Manuel Enríquez, "Nela de Bres" é o protagonista e fío conductor deste libro-CD sobre a música tradicional durante a 2ª mitade do Século XX no concello asturiano de Taramundi.
A partir das 21:30 h:
Os grupos estarán tocando por distintos bares de Ordes para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, na cervexería ISLIA na rúa Ramón Ferreiro, 2 (frente ao centro médico) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.
Mañán sábado ás 19:06 h, o programa "Alalá" está adicado á Festa do Ramo ou Función, unha tradicional festa relixiosa moi arraigada e que se segue celebrando con moita devoción.