21 de abril de 2011

28ª Noite de Tasca en Cerceda



O venres 6 de maio, a partir das 22:00 h, vémonos no Restaurante O PANADEIRO, en Cerceda, xusto en fronte á entrada do Aquapark. Como grupo convidado temos aos Requinteiros da Ulla, A GAITA DE SARANDÓN, con Pepe de Nande e Marcelino de Muiñero, os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois, coma sempre, Foliada aberta á participación de todo o público.

Pero esta Noite é moi especial porque, a partir das 23:30 h, comezará a gran FINAL do CONCURSO DE ATURUXOS, onde elixiremos aos "Mellores Botadores de Aturuxos das Noites de Tasca" desta tempada, e por suposto, repartiránse moitos premios entre os gañadores.

      Colaboran con nós: o Concello de Cerceda e a
     Agrupación Folclórico-Cultural SAN MARTIÑO
     de Cerceda.