E o sábado 6 de Xullo...
29 de xuño de 2013
28 de xuño de 2013
VENRESPIRAR-Ourense
VENRES 5 DE XULLO
OS VIQUEIRAS temos a honra de participar no último "VenRespirar
desta tempada en Ourense.
Programa:
Na esplanada do bar "A Efémera" - frente ó Auditorio municipal
- A partires das 22:30 h VENRESPIRAR:
Nas músicas: OS VIQUEIRAS + AOFTOU- GOMES MOURO + espontáneos/as
No baile: BEA DÍAZ (Bailadora e mestra de baile tradicional en diferentes escolas do pais)
Colabora: Rebulir+ Tempos de lecer Ourense+ A Efémera
22 de xuño de 2013
Romaría de SAN XOÁN DO COTO en Cesuras
E despois de saltar as cacharelas e lavar a cara coas herbas de San Xoán,
imos á festa de San Xoán do Coto, na parroquia de Paderne, en Cesuras.
Alí tocaremos a partir das 12 do mediodía.
21 de xuño de 2013
"Queima do castelo" en Arzúa (A Coruña)
Domingo día 23, NOITE MEIGA
a partir das 10 da noite
a partir das 10 da noite
"Os Viqueiras" na festa de San Xoán de
Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular "Queima do castelo" .
Santa María de Arzúa, coa tradicional e espectacular "Queima do castelo" .
Na
noite do 23 de xuño a parroquia de Santa María de Arzúa festexa o San
Xoán dun xeito moi especial.
Os confrades da Orde Caldaria recollen no
albergue ao último peregrino que chega a Arzúa ese día. Esta será a
persoa homenaxeada esa noite e a encargada de prender lume a un castelo
medieval construido para a ocasion. Logo dos rituais, da queimada e da
troula os veciños e confrades pasan a noite espertos para recibir a
chegada do amencer no Castro Curbín, tomando "caldo en cunca" para
recuperar as forzas e aguantar ata que, cos primeiros raios de sol,
lavan a cara coa auga de San Xoán.
Organiza: A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Sta. María de Arzúa.
26 de maio de 2013
ESPECIAL "NOITES DE TASCA" en Ordes
VENRES 7 DE XUÑO EN ORDES:
CELEBRAMOS O 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"
Actividades desde as 19:00 h., dirixidas a todo o público, nenos e maiores:
- Na alameda: Obradoiro de baile galego impartido por Helena Noya e Rocío
López, mestras da Asociación Camiño Real de Poulo.
- Obradoiro de "Enredos sonoros" impartido polo artesán Oli Xiráldez, que nos
ensinará cómo facer os nosos propios instrumentos musicais.
- Diante do Museo do Traxe, ás 20:00 h. levaránse a cabo os actos previstos para o
pasado 26 de abril e que foron suspendidos polo mal tempo. Haberá un ensaio
aberto dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras" e despois leerase
un manifiesto adicado ao Día Internacional da Danza.
- A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional encherán as rúas,
tabernas e bares de Ordes, e sobre as 12 da noite celebraremos unha
gran FOLIADA na praza xunto a cervecería ISLIA.
VEN TOCAR CON NÓS!
Colaboran con nós: O concello de Ordes, a Mancomunidade de municipios da
comarca de Ordes, o Museo do Traxe, a Agrupación Folclórica "Sementes da Arte",
a imprenta ESYMAR e FOTO SONIA.
Voltamos en outubro con máis "Noites e Tasca". Lumeeee!!!
comarca de Ordes, o Museo do Traxe, a Agrupación Folclórica "Sementes da Arte",
a imprenta ESYMAR e FOTO SONIA.
Voltamos en outubro con máis "Noites e Tasca". Lumeeee!!!
24 de maio de 2013
GAITEIROS E CABEZUDOS NO "LUAR"
“Os Viqueiras de Ordes” decidimos
incorporar a figura entrañable dos cabezudos nalgunhas das nosas
actuacións, para non perder esta tradición tan popular.
Case todos
temos moi gratos recordos da infancia, dos desfíles de Xigantes e Cabezudos
bailando nas festas. Eses cabezudos simpáticos coma o pallaso ou feos
coma o demo, que perseguían á xente, facían trasnadas e asustaban a
case todos os nenos e para despois regalarlles globos ou caramelos.Gaiteiros e Cabezudos, boa combinación para animar máis as festas!
Actuación dos Viqueiras acompañados dos cabezudos no programa LUAR da TVG.
24-maio-2013
24-maio-2013
29 de abril de 2013
42ª NOITE DE TASCA en Cerceda (A Coruña)
VENRES 3 DE MAIO
No Restaurante O PANADEIRO (fronte ao Aquapark)
O protagonista desta noite será o grupo:
e máis a ...
AGRUPACION "SAN MARTIÑO DE CERCEDA"
e despois... FOLIADA!!
28 de abril de 2013
Os Viqueiras cos cabezudos en Expoordes 2013
Hoxe estreamos a nova formación dos Viqueiras: Grupo de gaitas máis catro cabezudos que asustaron a algúns nenos, fixeron rir a outros, repartiron moitos globos e caramelos e bailaron coa xente que visitaba Expoordes e a Festa do Champiñón.
23 de abril de 2013
VI FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS
Sábado 27 de abril:
FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS (CERCEDA)
Xantar de confraternidade ás 14:30 h
E pola tarde, a partir das 18:00 h, actuacións dos grupos. Non faltedes!
22 de abril de 2013
16 de abril de 2013
EXPO ORDES 2013
DOMINGO 28 DE ABRIL
FESTA DO CHAMPIÑÓN
Degustación gratuita nos establecimentos da zona. Máis de 7.000 kg de champiñóns repartiranse polos bares e restaurantes, para que unha vez preparados de distinto xeito, poidan ser servidos gratuitamente con cada consumición. A música que non falte, amenizarán a festa durante todo o día:
OS VIQUEIRAS DE ORDES
e a Banda de Música de Ordes
15 de abril de 2013
DIA INTERNACIONAL DA DANZA
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
En 1982 o Comité da Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco estableceu o 29 de abril como Día Internacional da Danza co fin de atraer a atención sobre esta arte.
É un día de festa que celebran todos os países do mundo con espectáculos especialmente dedicados á danza a través de clases abertas, ensaios ao aire libre, conferencias, exposicións, publicacións en diarios e revistas, bailes populares, programas en radio e TV e espectáculos na rúa, entre outros.
O Museo do Traxe, como custodio do traballo en pro da danza do mestre Juanjo Liñares, non podía ser alleo a este evento, aínda que, por necesidades de programación, o celebremos uns días antes (concretamente o venres 26 de abril) e farémolo, como xa vén sendo habitual, diante do Museo cun ensaio ao aire libre da Agrupación Folclórico-Cultural "Sementes da Arte" (grupo fundado por Juanjo), contando tamén coa participación do Grupo de Gaitas " Os Viqueiras de Ordes". Será ás 19:30 h.

13 de abril de 2013
"ENCONTROS NA BIBLIOTECA CON..."
Venres 12 de Abril 2013
A biblioteca municipal de Ordes continúa co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que moitos nenos dos colexios da zona manteñen un encontro ou toma de contacto con persoerios e profesionais de distinta índole.

Nesta ocasión os convidados fomos
Manuel Viqueira e Roberto Caridad, do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Alí mostrámoslles os instrumentos
tradicionais máis coñecidos como a gaita, o tambor, a pandeireta e o bombo, e explicamoslles qué materiais e partes os compoñen, tamén aprenderon cousas sobre a vestimenta tradicional, as pezas máis representativas... En fin, todo un pracer compartir a nosa música con estes rapaces e as súas mestras.

7 de abril de 2013
26 de marzo de 2013
25 de marzo de 2013
41ª NOITE DE TASCA en Poulo (Ordes)
Venres 5 de abril
No café-bar O CRUCEIRO, na calle de Poulo:
O protagonista desta Noite será...
JULIO VÁZQUEZ CARRIL
Presentando o seu disco, da colección "Os nosos gaiteiros" de Edicións do Cumio.

E a colaboración da Asociación : CAMIÑO REAL DE POULO.
24 de marzo de 2013
No Xantar Gaiteiro de Melide
Manuel Viqueira (gaita) acompañado por Luis O Caruncho (tambor),
Luis Gª Corral (bombo), Belén e Pepe Temprano (pandeiretas)
16 de marzo de 2013
XANTAR GAITEIRO en Melide (A Coruña)
Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o XVIII Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´96 de Melide ( A Coruña ).
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar!
Máis info: A.G.G.-XANTAR GAITEIRO 2013
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar!
Máis info: A.G.G.-XANTAR GAITEIRO 201315 de marzo de 2013
13 de marzo de 2013
25 de febreiro de 2013
40 ª NOITE DE TASCA en XANCEDA (Mesía)
VENRES 1 DE MARZO DO 2013, a partir das 21:30 h
no Café-bar XANCEDA
Os protagonistas desta Noite será o grupo:
e a
24 de febreiro de 2013
ALBORADA PARA ROSALÍA en Ordes
Alameda de Ordes, A Coruña, 24 febreiro do 2013
Os Viqueiras de Ordes uníronse ao chamamento da Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteiros Galegos para saír á rúa e rendirlle homenaxe á Rosalía, coincidindo co 176 aniversario do seu necemento e o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos.
19 de febreiro de 2013
ALBORADA PARA ROSALÍA DE CASTRO

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estan a organizar para o 24 de febreiro a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fan un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.
Se es un gaiteir@, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra).
Máis info: ALBORADA PARA ROSALIA
OS VIQUEIRAS estaremos tocando o domingo 24 na Alameda de Ordes,
ás 11:00 h.
23 de xaneiro de 2013
39ª NOITE DE TASCA EN SIGÜEIRO - OROSO
VENRES 1 DE FEBREIRO
Na cafetería CHE, en Sigüeiro (Avda. de Compostela, 26)
O protagonista desta noite será o grupo...
Presentando o seu disco "Conservas de música tradicional"
Colaboran ca organización:
O concello de Oroso e a Agrupación Folclórica "NÉBOAS NO CUMIO" de Sigüeiro.
VIDE TOCAR CON NÓS!!
16 de xaneiro de 2013
HOMENAXE A XOSÉ LÓPEZ BAO
Sábado 26 de xaneiro, no centro ÁGORA da Coruña,
Rendirase un merecido homenaxe ao gran gaiteiro e artesán Xosé López Bao,
organizado por Cántigas da Terra.
Canda el, recoñecerase tamén o bo facer doutros dous artesáns:
XOAN BREA (gaiteiro e palleteiro) e XOSÉ TORRES (artesán de percusión).
No acto central, participarán entre outros,
Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde.
22 de decembro de 2012
38ª Noite de Tasca en Tordoia, Especial Nadal
Venres, 4- xaneiro- 2013
Noite especial adicada aos "CANTOS DE REIS"
Desde as 21:30 h, actuacións dos grupos polos bares da
Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia- A Coruña)
E a partir das 12 da noite xuntaranse todos na
Cervecería BRINCADEIRA (fronte ao Concello)
onde ademais contaremos ca presenza
dos lucenses Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos como
Diante da Cervecería BRINCADEIRA, estará desde as 20:00 h a Pulpeira "Luis Guerra"
VIDE CANTAR CON NÓS!
5 de decembro de 2012
IX DIA do ORGULLO GAITEIRO
PROGRAMA DAS ACTIVIDADES Decembro 2012
Xoves 13
20 h.- O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación. Charla por Cástor Castro
Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices.
Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido
Venres 14
19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando. Gratuito, prazas limitadas
Sábado 15
Mañá
10-14 h Curso de técnicas de gaita de fol. Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas,
(continúa de 16:00 a 18:00)
11 a 13 h Taller de xoguetes musicais. A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.
Tarde
17 h Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz. Cos temas do libro-disco infantil
18 h ACTO DE HOMENAXE:
No Auditorio de Ourense, Rúa da Canle

A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa Galega ou birimbao .
Ca actuación de Os Amigos da Gaita
A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas
19-21h Concertos:
DE PÉ FEITO Agrupación tradicional
OS VIQUEIRAS DE ORDES
22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO
No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz)

20 de novembro de 2012
37ª NOITE DE TASCA EN TRAZO
VENRES 7 de decembro, a partir das 21:30 h MAGOSTO POPULAR
Diante do Local Social da Asociación de Veciños "San Cristóbal de Xavestre" en el lugar de Xixirei-Xavestre, TRAZO (Carretera Ordes- Santiago por Ponte Albar)
Ca actuación das pandereteiras e o grupo da A.C. ROSALÍA DE CASTRO de Cacheiras-Teo (A Coruña)
Colabora con nós: O Concello de Trazo e a AAVV San Cristóbal de Xavestre
5 de novembro de 2012
SERÁN NO SARELA
Xoves, 8 novembro:
OS VIQUEIRAS estaremos tocando a partir das 23:25 h
na discoteca O SARELA en Santiago de Compostela
NON FALTEDES!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)